A XLII Semana de Cine de Lugo, xa ten cartel anunciador. Trátase dunha creación fotográfica de Eduardo Rodríguez Ochoa, responsable de fotografía do Grupo Cinematográfico Fonmiñá.
A Semana, que organiza Fonmiñá desde o seu comezo en 1979, vaise celebrar do 21 ao 27 do próximo mes de setembro, conta co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Compostela-Campus de Lugo.
Xa están dispoñibles na web oficial da Semana de Cine de Lugo as bases da convocatoria – tamén en español e en inglés – para participar nesta edición. Esta convocatoria xa está operativa nas plataformas dixitais FESTHOME e CLICK FOR FESTIVALS, para a presentación de películas.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte