Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen en marcha unha experiencia única e inédita en Galicia. Somos Criminais, o espectáculo co maior número de entradas vendidas na historia do teatro galego, prepara unha función única e con novidades a través da seguinte web, o sábado 6 de xuño, ás 22.30 horas.
Gravada días antes, tratarase dunha emisión exclusiva en streaming, con aforo limitado a un máximo de 5000 accesos, cun prezo de 5 euros en Ataquilla
Somos Criminais
Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: Somos Criminais.
COMO VER SOMOS CRIMINAIS O 6 DE XUÑO
1 Merca o teu pase en Ataquilla.com, co proceso que xa coñeces de todas as veces que mercaches unha entrada para vir vernos ao teatro. Recibirás por correo electrónico a confirmación da compra.
2 Nun máximo de 24 horas recibirás un correo electrónico coas claves que deberás empregar para acceder á emisión. Será un usuario e un contrasinal co que só poderás acceder desde un dispositivo.
3 O 6 de xuño, ás 22.30 horas, comezará a emisión nesta web. Lembra ser puntual, ou conectarte un pouco antes. Se chegas tarde, collerás a función comezada, como se dun espectáculo no teatro se tratara.
Á web poderás acceder desde calquera dispositivo: móbil, ordenador, tablet, ou calquera dispositivo de SmartTV.
Na web oficial respostan a dúbidas como:
PODEREI VELA NOUTRO MOMENTO?
XA VIN O ESPECTÁCULO NO TEATRO, VEREI O MESMO DE NOVO?
É DE BALDE? CANTO CUSTA O ACCESO PARA PODER VELO?
PODO PASARLLE O MEU ACCESO A UN FAMILIAR PARA QUE POIDA VELO?
PRECISO UN ORDENADOR PARA VER A FUNCIÓN?
QUE PASA SE TEÑO ALGUNHA DÚBIDA OU ALGÚN PROBLEMA TÉCNICO?