Foto da inauguración da mostra fotográfica «Amurallando os Soños II, Cumulum 2000/2019»
A UNESCO promociona a Muralla dando a coñecer o patrimonio mundial durante o confinamento do COVID-19

A concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo  informou da inclusión da Muralla de Lugo na campaña levada a cabo pola UNESCO para difundir o Patrimonio Mundial: #ShareOurHeritage. A camapaña ten por obxectivo favorecer o acceso á cultura e dar a coñecer os bens patrimonio da humanidade neste periodo de confinamento masivo polo COVID19.

Maite Ferreiro, responsable da área,  sinalou que “a Muralla de Lugo foi elixida entre 40 monumentos mundiais nesta selección, feita pola UNESCO, para amosar o patrimonio da humanidade”.

Ferreiro agradeceu este xesto por parte da UNESCO e lembrou que “neste ano 2020 celebrase o 20 aniversario da inscripción da Muralla de Lugo na lista do patrimonio munidal” e engadiu “as propostas para a celebración de actos para conmemorar este aniversario terá que ser imaxinativa e diferente polo que as actuacións deste tipo son benvidas de cara á promoción turística da cidade”.

A muralla no «World Heritage List»: https://whc.unesco.org/en/list/987

 

Expo a visitar: «Amurallando os Soños II, Cumulum 2000/2019»