Entre as actividades dos «Tardeos na Tinería» están as visitas culturais na Tinería da man da guía turística máis top de Lugo: Camiños con arte
Todos os xoves ás 19:00 horas do 2 xullo ao 3 setembro de 2020 con saída da Porta Miñá temos a oportunidade de ser guiados durante unha hora polo Lugo romano, o Camiño Primitivo ou os Gremios medievais e coñecer a San Froilán, que serán os temas das visitas.
É necesaria inscrición previa no email: info@caminosconarte.com
Máximo 20 persoas.
Obrigatoriedade de usar máscara hixiénica e gardar a distancia de seguridade establecida.
Xoves 2 xullo ás 19:00 h. Lugo romano
Xoves 9 xullo ás 19:00 h. Gremios medievais
Xoves 16 xullo ás 19:00 h. O Camiño Primitivo
Xoves 23 xullo ás 19:00 h. San Froilán
Xoves 30 xullo ás 19:00 h. Lugo romano
Xoves 6 agosto ás 19:00 h. Gremios medievais
Xoves 13 agosto ás 19:00 h. O Camiño Primitivo
Xoves 20 agosto ás 19:00 h. San Froilán
Xoves 27 agosto ás 19:00 h. Lugo romano
Xoves 3 setembro ás 19:00 h. Gremios medievais
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte