A escola lucense Palimoco Teatro Danza oferta novos cursos de danza contemporánea e de interpretación ao nivel que tenos acostumados: top. Os mellores profesionais para ensinar distintas artes sempre están (ou pasan) por esta escola que de man de Paloma Lugilde leva anos facendo actores, actrices, bailarines e bailarinas; unha verdadeira canteira de excelentes profesionais das artes escénicas.
Desta volta os profesores de interpretación son, nada máis e nada menos, que María Vázquez, coñecida e recoñecida polos seus traballos en series como «Néboa» «Fariña» «Vivir sin permiso» ou «Padre Casares» e películas «Quien a hierro mata», «La playa de los ahogados» ou «Mataharis»; e Víctor Duplá (Hospital Central, Fariña, Cuéntame como pasó…ou películas «Quien a hierro mata», «18 comidas»…). O curso «Actores ante a cámara» será do 20 ao 23 de xullo polas tardes (máis info e inscrición vía Palimoco)
E os profesores de danza son, nada máis e nada menos, que Esther Latorre e Hugo Pereira, coñecidos e recoñecidos no mundo como «Colectivo Glovo», España, Portugal, Italia y Latinoamérica xa os viron danzar e premiaron a súa arte. Sinalar que Esther Latorre é de Lugo, graduada no Conservatorio Profesional de Danza da cidade e tamén pertence a Maduixa Teatre e o seu multipremiado internacionalmente espectáculo MULÏER. O curso «Danza contemporánea e creación» será do 20 ao 24 de xullo polas mañás (máis info e inscrición vía Palimoco)
PALIMOCO TEATRO DANZA
mail: escolapalimoco@gmail.com