Dende o pasado venres pode verse no Refectorio do Museo Provincial de Lugo a mostra Percorridos pola colección de Medallística do Museo Provincial de Lugo, comisariada por Aurelia Balseiro, Enrique Alcorta e Mª Ofelia Carnero. A colección de Medallística do Museo Provincial de Lugo componse de 494 pezas, sen cuantificar as devocionais, abarcando cronoloxicamente dende o século XVIII ata a actualidade. Na mostra que estará no Refectorio durante os meses de xullo e agosto, amósase unha escolma representativa da colección organizada a través de 12 paneis co seguinte contido:
– Introdución
– Formacion da colección
– Os Gravadores de medallas
– O retrato na Medallallística (1 e 2)
– Medallas de Lugo
– Medallas de Galicia
– Medallas de España (1 e 2)
– Medallas de Francia
– Medallas do mundo
– Condecoracións
Ademais dos 13 paneis con imaxes e textos divulgativos, a mostra acompáñase de vitrinas donde se expoñen as medallas e condecoracións orixinais concedidas a Xosé Trapero Pardo e outras pezas destacadas da colección medallística do MPL.
Esta exposición encádrase dentro do programa de investigación do Departamento de Arqueoloxía/Historia en relación coa colección de numismática, coordinado pola dirección do Museo Provincial de Lugo, programa que ten por obxectivos poñer en valor a investigación realizada, publicar os resultados e promocionar esta parte dos fondos arqueolóxicos entre especialistas numismáticos en foros científicos. O desenvolvemento do programa de investigación do Departamento de Arqueoloxía/Historia en relación coa colección de numismática, comeza coa participación en congresos científicos especializados. No ano 2014: XV Congreso Nacional de Numismática (MAN, Madrid); 2015: 3.º Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV, Vilalba, Lugo) e III Seminario sobre a investigación nos museos (Museo Arqueoloxía, Biscaia) e no 2018: XVI Congreso Nacional de Numismática (MAC, Barcelona).
Para todos aqueles organismos ou institucións interesadas, esta exposición pode itinerarse polos centros da provincia de Lugo que o soliciten, a través dunha cesión gratuíta, que deberá formalizarse a través desta páxina da Rede Museística da Deputación de Lugo: