A través da programación gratuíta do +Xti, a Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, pon en marcha, un curso de comunicación e outro de recursos lúdicos e un taller de deseño e impresión, organizados polo Concello, baixo o +Xti, e subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas.
Curso de Comunicación con éxito: emocións, creatividade e emprendemento.
Existen 15 prazas e a inscrición está aberta ata o 17 de xullo ás 14:00 horas. Terá lugar no CEI-NODUS, luns, mércores e xoves, dende o 20 de xullo ao 7 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Curso de recursos lúdicos para animación.
Dirixido a mozas e mozos de 18 a 35 anos, conta con 10 prazas e o prazo de inscrición remata o 24 de xullo, impartíndose do 27 de xullo ao 14 de agsoto, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, no centro de convivencia Uxío Novoneyra. Neste curso, dun total de 60 horas, tratarse o deseño e programación de actividades lúdicas, dinámicas e xestión de grupos, xogos e cancións, técnicas de globoflexia, maquillaxe de fantasía e malabares e técnicas circenses.
Taller de Deseño e Impresión 3D.
Dirixido á mocidade entre 18 e 35 anos. Existen 10 prazas, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Lugo e a inscrición está aberta ata o 28 de xullo ás 14:00 horas. Impartirarase tamén no CEI-NODUS, do 30 de xullo ao 7 de agosto, das 10:00 ás 14:00 horas.
O Concello organiza estas tres actividades, gratuítas, e subvencionadas polo Plan Nacional sobre Drogas. As inscricións, para calquera das tres alternativas, débense realizar no mail mail maisporti2020@lugo.gal, facendo referencia ao curso, nome e apelidos, DNI e teléfono.