A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez informa das actividades gratuítas de sensibilización, organizadas polo Concello, baixo o +Xti, e subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas. Celebraranse do 6 ao 31 de xullo, de 18:30 a 20:00 horas na Praza do Castiñeiro. Son actividades abertas, para as que non é precisa inscrición, para maiores de 12 anos.
Na primeira semana, tratarase o consumo responsable, na segunda, os principios do comercio xusto, na terceira a igualdade de xénero e na cuarta, o reciclado de roupa.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte