Inicio Artes escénicas Coloquio sobre a convivencia coa creación artística da man de Marga Portomeñe
A artista e artesá Marga Portomeñe guiará este luns 26 de outubro, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, unha charla coloquio sobre a súa experiencia vital como creadora e creativa artística.
Na súa intervención, que se encadra na programación do ciclo Mulleres creativas; organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, Portomeñe relatará o percorrido que completou para decantarse pola súa actual actividade profesional.
A actriz , directora, pedagoga e artesá do teatro adentrará ao público no mundo da reconstrucción dos cabezudos que fixo para varias concellos cunha pequena demostración.
As persoas interesadas en asistir como público a esta sesión poden facelo de xeito gratuíto sempre e cando formalicen a súa solicitude previa a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. O aforo é limitado.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte