O Grupo Palimoquiños e Cía, de Lugo, foi o gañador do primeiro premio do Xuventude Crea 2020 na categoría Teatro, unha das catorce especialidades do certame. 

O equipo gañador realizou unha adaptación de Os miserables, a novela de Víctor Hugo. O segundo galardón foi para o grupo Lohengrin Teatro, de Vigo, pola súa representación de Coa mirada nas túas mans; e o terceiro para o grupo Farándula Velutina, de Corcubión, por Animais de Compañía. 

A categoría Teatro é unha das catorce especialidades do certame xunto con Artes plásticas —Escultura e Pintura—, Banda deseñada, Cociña, Danza moderna, Deseño de xoias, Poesía, Videocreación Fotografía, Graffiti, Moda, Música e as dúas novas disciplinas que incorpora este ano o programa: Novela curta e Creación de videoxogos.

Fonte da Foto: Xunta de Galicia