Dentro das actividades de #culturasegura para celebrar o XX Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade organizadas por Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, tivemos a ocasión de gozar entre o 27 e o 30 de decembro, nas portas da Muralla ubicadas en Bispo Aguirre, San Pedro, Falsa, Miñá, Nova e Santiago da instalación lumínica A sombra da Muralla, deseñada pola artista Luisa Álvarez para conmemorar este aniversario. Ademáis d’A sombra da Muralla, na praza de Santa María tivemos unha instalación efémera de luz na que, baixo o nome de Trampa de Vagalumes, se agasallaron vagalumes de luz a cada persoa que se acheguou ata ela.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte