A exposición “Outros mundos: visións do noso sistema solar” de Michael Benson que organiza a “Fundación La Caixa ”, parará na Praza Maior do 15 de decembro ao 12 de xaneiro. O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, declarou que “esta exposición achegará á veciñanza a unha viaxe pola beleza e as paisaxes do Espazo, no que observaremos a súa maxestuosidade”
Esta exposición do fotógrafo estadounidense Michael Benson contará con corenta imaxes do Cosmos captadas polas sondas da NASA nas que podemos contemplar e explorar a beleza e a diversidade que constrúe o Sistema Solar.
Felipe Rivas sinalou a importancia deste conxunto artístico e afirmou que “esta colección fotográfica resulta un dos primeiros documentos no que se pode recoñecer visualmente o espazo tal como o coñecemos, o que fixo avanzar á ciencia como a propio mundo da fotografía”
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte