A área de Cultura programa 25 obras teatrais que se representarán entre o 10 de xaneiro e o 16 de maio
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, presentou a programación teatral do primeiro semestre de 2021 que organiza a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Maite Ferreiro explicou que “mantemos a nosa aposta polo sector cultural, un dos máis prexudicados coa crise sanitaria, mais do que viven centos de familias”.
A programación cultural do primeiro semestre de 2021 consiste nunha selección de 25 representacións teatrais que terán lugar entre o 10 de xaneiro e o 16 de maio. “Aumentamos o número de obras que se representarán, en comparación con anos anteriores, e comezaremos o 2021 cunha oferta variada de programación, que tocará distintos estilos e distintas propostas, para que toda a veciñanza de Lugo poida atopar algunha representación que coincida cos seus gustos”, afirmou Maite Fereiro.
A programación teatral completarase con novas edicións da Mostra de Teatro Clásico ou do ciclo Lugo en Danza. A edil de Cultura declarou que “o conxunto de todas as actividades completan unha coidada selección que une calidade, entretemento, espazo de reflexión e distintas linguaxes para presentar ás veciñas e veciños unha mostra do mellor que deu este ano nas artes escénicas galegas e do resto do estado”, e engadiu que “apostamos tamén pola creación feminina, tendo, nunha parte importante da programación, propostas dirixidas, escritas, producidas e actuadas por mulleres”.
PROGRAMACIÓN
Xaneiro
Domingo 10, 18,30h: “Lambetadas” de Talía Teatro
Xoves 14, 20,30h: Jauría de KAMIKAZE PRODUCCIONES
Domingo 24, 18,30h: “A nena que quería navegar” de Redrum Teatro Compañía
Xoves 28, 20,30h: “Hoy puede ser mi gran noche” de Teatro En Vilo
Domingo 31, 18,30h: “CRAKE” de Hilo Producciones
Xoves 4, 20,30h: “O premio” de La Quintana Teatro
Xoves 25, 20,30h: “Os Nenos da Variola” de Pérez&Fernández
Xoves 8, 20,30h,: “O mel non caduca” de Ibuprofeno Teatro
Domingo 11, 18,30h,: “UMMM! Unha comedia gastronómica para chupar os dedos” de Teatro Avento Producións
Xoves 22, 20,30h: “Karelu” de Os Náufragos teatro
Domingo 25, 18,30h: “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” de A Xanela Do Maxín
Domingo 2, 18,30h: “Crusoe” de Markeliñe Compañia Teatro
Domingo 9, 18,30h: “Don Gaiferos” de Os Monicreques de Kukas
Domingo 16, 18,30h: “O meu mundo non é deste reino” de Teatro da Ramboia
ENTRADAS
Entradas en https://www.entradaslugo.es/ e na Oficina Municipal de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función, e na entrada do auditorio dende hora e media antes.