Dende a programación expandida e mediación cultural, que acompaña o ciclo de programación Lugo en Danza, Viva Lugo recibiu o convite para facer unha visión fotográfica da peza Gran Bolero de Jesús Rubio Gamo.
Desde o departarmento de fotografía non dubidamos en mandar ao Loopez para mergullarse nos ensaios e na posta en escana da obra liberando a súa imaxinación e a súa particular mirada.
Gran Bolero é un traballo do coreógrafo madrileño Jesus Rubio Gamo, gañadora do premio MAX o mellor espectáculo de danza 2020. A idea para crear esta obra nace do impulso cara adiante que experimenta o creador ó escoitar o Bolero de Ravel. “É unha gran oportunidade para lembrar que un día decidimos confiar en que a danza e a música ían salvarnos de todo o demais. Gran Bolero é unha peza sobre o esforzo e o pracer de resistir; unha danza obstinada sobre o tránsito entre o gozar e o esgotamento, un baile para celebrar o tempo e espazo que compartimos; o intenso e o fugaz, o pálpito e o acougo”
Ó longo do ano haberá diversos artistas de diferentes eidos convidados a compartir a súa visión da danza dende as diciplinas persoais de cada quen. Esta é a mirada do Loopez, fotógrafo deste medio: