A área de Xuventude convida á mocidade lucense a aproveitar o tempo libre da fin de semana dunha maneira lúdica e divertida pero tamén saudable.
Ao abeiro do programa +XTI – subvencionado polo Plan Nacional de Drogas – a Casa da Xuventude impartirá até o 20 de xuño diferentes propostas encamiñadas a que a rapazada de máis de 15 anos atope nas instalacións municipais o seu punto de encontro e un lugar común de esparexemento no que levar a cabo diferentes actividades relacionadas coa música, o baile ou o predeporte así como xincanas, batallas de galos e mesmo monólogos, visitas guiadas e mesmo roteiros.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un mail a maisporti2020@lugo.gal indicando o nome, apelidos, dirección, idade, DNI ou NIE e teléfono.
Mentres duren as restricións, organizaranse dous grupos dun máximo de 5 persoas cada un e o horario das actividades será de 17:30 horas a 21:30 horas tanto sábados como domingos.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte