XAN 2018 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este martes, na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnoloxías, as bases que rexerán o concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do Arde Lucus MMXVIII. Ao igual que en edicións anteriores, o premio para a persoa gañadora ascende a 1.000 euros, e o traballo gañador será o que anuncie esta festa declarada Festa de Interese Turístico e Nacional, que terá lugar o 15, 16 e 17 de xuño.
Tal e como avanzou a edil, as persoas interesadas deberán presentar os seus traballos, en tamaño A-3, técnica libre, en soporte ríxido para facilitar a súa exposición, ademais de copia en formarto dixital, cunha resolución de 1890×2645. Farase en sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación. Noutro sobre deberá indicarse por escrito o mesmo lema e os datos identificativos do autor ou autora.
O prazo para presentar os carteis está aberto ata o 16 de febreiro, debendo entregalos na Casa da Xuventude, de 10:00 a 14:00 horas en horario de mañá, e de 16:30 a 21:30 pola tarde, ou mediante correo certificado.
Cartel gañador do 2017 |
As obras presentadas serán exhibidas nas redes sociais do Arde Lucus, onde se farán una votación popular da que se seleccionarán as obras que se someterán a votación do xurado. Unha vez realizada a votación popular on-line seleccionanranse o seguinte número de carteis: se o número de carteis presentados non supera os 50, seleccionaránse os 10 máis votados e se o número de carteis supera os 50, seleccionaranse 10 e a maiores o 10% dos numero total de carteis presentados.
Esta votación popular levarase a cabo on-line. O prazo para a votación estará aberto desde as 12:00 horas do 22 de febreiro ata as 12:00 horas do 28 de febreiro. Unha vez feito o reconto de votos, farase pública a selección a través das redes sociais oficiais do Arde Lucus 2018 e da web do Concello de Lugo www.lugo.gal
O Concello de Lugo seleccionará un xurado formado por tres persoas expertas o cal será o encargado de seleccionar a obra gañadora entre as seleccionadas previamente pola votación popular o día 2 de marzo ás 11.00 horas na Casa da Xuventude.
As bases estarán dispoñibles para todos as persoas interesados na páxina oficial www.ardelucus.com, na web municipal www.lugo.gal, ou no teléfono de atención cidadá 010.