A asociación lucense «3monos» presentou xunto á concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, a décima edición do Festival Cartografía en Movemento, que xuntará a diversos creadores e compañías vencelladas ás artes escénicas durante a fin de semana do 23 e 24 de outubro.
A primeira xornada, sábado 23, recollerá, por unha banda, as propostas profesionais en espazos non convencionais e por outra banda, os obradoiros que impartirán os artistas para toda a veciñanza.
Os obradoiros terán unha duración de hora e media e están pensados para tódolos públicos, onde as compañías profesionais convidadas compartirán amablemente o seu xeito de entender o movemento.
A segunda xornada, domingo 24, estará reservada para as propostas amadoras, mañá e tarde, novamente en espazos non convencionais. Neste lado do festival Cartografía en Movemento, trátase de que todo poida acontecer liberando o imaxinario e facendo vibrar a cidade con propostas artísticas aflorando en múltiples espazos.
“Dende a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, apoiando este festival, apostamos po que Lugo se asente como fogar da arte contemporánea, algo que nos últimos anos demostrou ser unha pista de aterraxe segura para as artes en vivo”, explicou Maite Ferreiro.
PROGRAMA:
Sábado 23 de outubro:
Obradoiros no MIHL:
10h a 11:30h
– Yoga con peluche
Ubicación : caixa negra do museo MIHL
Imparte : Elisa Medina
Duración : 1 hora e media
11:45h a 13:15h
– Lo que me deja el cuerpo
Ubicación : caixa negra do museo MIHL
Imparte : Nacho Cárcaba
Duración: 1 hora e media
13:30h a 14:30h
– Videoproxección: “Ella Poema” e encontro con Aida Colmenero
Ubicación: sala de grupos do museo MIHL(máximo de 68 persoas coas novas restriccións ao 90%)
Duración: 1 hora no total (30 minutos de videoproxección e 30 minutos de encontro e coloquio Aida)
19h a 20h Praza de Abastos
Performances profesionais
– Cia. Entremáns – “Amparo”
– Cía. Elahood – “Intempestiva”
– Nacho Cárcaba e Elisa Medina – “Richard Charlie”
20:30h a 22h Praza de Abastos
– Jam “Festa SalvaXe”
Dirixe: Cía. Elahood
Duración: 1 hora e media
Domingo 24 de outubro
Todo o día en diferentes localizacións da cidade
A ALMA de Cartografía , Décimo aniversario;
Propostas artísticas multidisciplinares baixo o lema «O salvaxe volve ás rúas».