A décimo terceira edición do programa de música electroacústica ‘Sons Creativos’, promovido e coordinado por Xoán Xil e Inmaculada Cárdenas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, desenvolverase do 21 ao 25 de outubro na Casa do Saber e nas dependencias do Vello Cárcere.
O Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS), unha formación integrada por Inmaculada Cárdenas, Mónica Álvarez e Efraín Díaz, abrirá o xoves 21 de outubro, ás 20.30 horas, na Casa do Saber, a quenda de intervencións musicais cun concerto non que interpretará cinco composicións propias: ‘Atlántico’ e ‘Iguazú’, de Inmaculada Cárdenas; ‘Esencias Sonoras’, de Mónica Álvarez, e ‘Os Porcos’, de Efraím Díaz.
Pulso Ensemble dará continuidade ao programa de música electroacústica o 22 de outubro cunha nova sesión, a partir das 20.30 horas, na Casa do Saber, onde presentará a creación sonora ‘Verbas.
O programa dos 13 Sons Creativos trasladarase durante a fin de semana ás instalacións do Vello Cárcere de Lugo, onde Raúl Cantizano presentará o sábado 23, ás 20.30 horas, a obra ‘Flamenco extendido’. Pablo Sanz pechará esta nova edición de Sons Creativos o día 24, ás 20.30 horas, coa interpretación de ‘Entangled’ no Vello Cárcere.
Aforos e entradadas
As persoas interesadas en participar como público nas sesións sonoras programadas ao abeiro da décimo terceira edición de ‘Sons Creativos’ deben formalizar previamente a súa solicitude de asistencia a través da dirección de enderezo electrónico cultura.lugo@usc.gal . Os concertos programados na Casa do Saber de Lugo poderán seguirse de xeito presencial ou tamén por streaming a través da ligazón http://ir.gl/sonscreativos/ . Os aforos están limitados.