As Sesións de Filmoteca do Club Cultural Valle-Inclán terán como protagonista, durante o mes de novembro, a François Truffaut. Desenvolveranse de acordo co seguinte programa:
Tirade sobre o pianista (máis a curta Antoine e Colette, O amor aos 20 anos.) / Día 3 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber Vicerreitorado
Director: François Truffaut
País: Francia
Ano: 1960
Xénero: Drama. Thriller. Comedia. Romance | Crimen. Música. Mafia. Melodrama. Neo-noir. Nouvelle vague. Película de culto
Duración: 81 minutos
Produción: Les Films de la Pléiade, Pierre Braunberger
Guión: François Truffaut, Marcel Moussy; novela de David Goodis
Dirección de Fotografía: Raoul Coutard (B&W)
Montaxe: Cécile Decugis, Claudine Bouché
Música: Georges Delerue
INTÉRPRETES: Charles Aznavour, Marie Dubois, Nicole Berger, Albert Rémy, Claude Mansard, Daniel Boulanger, Michèle Mercier, Richard Kanayan
SINOPSE:
Na súa segunda longametraxe, Truffaut adapta e subverte unha novela negra de David Goodis, un xénero de literatura (na súa modalidade estadounidense) que tanto o apaixonara. Truffaut escolle o músico Charles Aznavour, cativado pola súa interpretación en La cabeza contra la pared de Georges Franju. A historia de Charlie Kohler, antigamente gran concertista de piano, agora pianista nun popular cabaré dunha cidade. Charlie mantén en segredo o seu misterioso pasado, aínda que, de socato, aparece un dos irmáns pedíndolle axuda, algo que enturba os seus desexos de pasar desapercibido.
A serea do Mississippi / Día 10 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber,Vicerreitorado
Director: François Truffaut
País: Francia, Italia
Ano: 1969
Xénero: Romance. Intriga. Drama | Neo-noir. Drama romántico. Nouvelle vague. Drama sureño
Duración: 123 minutos
Produción: Les Films du Carrosse
Guión: François Truffaut. Novela: Cornell Woolrich (William Irish)
Dirección de Fotografía: Denys Clerval
Montaxe: Agnès Guillemot, Yann Dedet
Música: Antoine Duhamel
INTÉRPRETES: Jean-Paul Belmondo, Catherine Deneuve, Michel Bouquet, Nelly Borgeaud, Roland Thénot, Marcel Berbert
SINOPSE: O rico propietario dunha plantación de tabaco na illa de Reunión vai casar cunha muller con quen mantén unha relación estritamente epistolar. Un relato de amour fou, engano e paixón destrutiva influído por Hitchcock e incomprendido no seu momento, onde Truffaut habilmente traslada a acción da novela de William Irish da Nova Orleáns de 1830 á Córcega da época de filmación. Para sempre, o traballo con Jean-Paul Belmondo e Catherine Deneuve, a música de Antoine Duhamel mais a primeira rodaxe en que mantén a orde prevista no guión para fortalecer a progresión dramática. VOSE
A pel suave (máis a curta Os mocosos.) / Día 17 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
PREMIOS: 1964: Festival de Cannes: Sección oficial a concurso. Mellores películas francesas de todos os tempos. 126 Mellores películas románticas da historia do cine.
Director: François Truffaut
País: Francia
Ano: 1964
Xénero: Drama. Romance | Drama romántico. Melodrama
Duración: 113 minutos
Produción: Les Films du Carrosse, Sédif Productions, Simar Films
Guión: François Truffaut, Jean-Louis Richard
Dirección de Fotografía: Raoul Coutard (B&W)
Montaxe: Claudine Bouché, asistida por Lila Cauchetier
Música: Georges Delerue
INTÉRPRETES: Jean Desailly, Françoise Dorléac, Nelly Benedetti, Daniel Ceccaldi, Sabine Haudepin, Philippe Dumat, Laurence Badie
SINOPSE:
Truffaut explora a condición humana e a complexidade das relacións amorosas. Filme cheo de sensibilidade e paixón, onde está presente a súa veneración por Balzac. Pierre Lachenay, un afamado escritor, casado con Franca, e cunha filla de 10 anos, abandona o seu fogar tras coñecer a Nicole (a prematuramente malograda Françoise Dorléac, irmá de Catherine Deneuve), azafata de voo. Asistimos ao entrecruzamento de tres amores, entre as dúbidas e a presión da sociedade burguesa sobre Pierre, o orgullo ferido de Franca e a propia inseguridade de Nicole. (1)
As dúas inglesas e o amor / Día 24 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber,Vicerreitorado
PREMIOS: 1972: Festival de Valladolid – Seminci: Espiga de Ouro á mellor película.
Director: François Truffaut
País: Francia
Ano: 1971
Xénero: Romance. Drama | Drama romántico. Años 1900. Nouvelle vague
Duración: 130 minutos
Produción: Les Films du Carrosse, Cinétel
Guión: François Truffaut, Jean Gruault. Novela: Henri Pierre Roché
Dirección de Fotografía: Néstor Almendros
Montaxe: Yann Dedet, Martine Barraqué
Música: Georges Delerue
INTÉRPRETES: Jean-Pierre Léaud, Stecey Tenderer, Kika Markham, Sylvia Marriott, Marie Mansart, Philippe Léotard
SINOPSE: Mergullado nunha etapa persoal depresiva, François Truffaut volta a unha narración do escritor Henri-Pierre Roché -acompañado no labor de documentación de escritos sobre as irmás Brontë e lembranzas de mocidade de Marcel Proust- e a un triángulo amoroso dez anos despois de Jules y Jim. A comezos do século XX, un mozo francés, Claude Roc, coñece dúas mozas irmás inglesas, Anne e Muriel Brown. Crónica íntima dos procesos do amor (e das diferenzas culturais, como exemplifica o título orixinal: Les Deux Anglaises et le Continent), tan romántica como palpable, tan fermosa -de novo a complicidade co director de Néstor Almendros- como medida. VOSE
Todas en VOSE.
Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado. Sesión de 19:30 horas.
En colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio coa AGADIC.