VALENTINA, a película da produtora e cineasta galega Chelo Loureiro, unha cinta de animación que fala de inclusión ao contar a historia dunha nena con síndrome de Down que vive unha viaxe fantástica, chega aos Codex esta semana.
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa —que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións— anímaa sempre a perseverar: Si os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!
Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia: a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?!
A película amosa o poderío das industrias culturais galegas, contando cos deseños e debuxos do gran David Pintor e da música de Nani García (con letras de Emilio Aragón).
A animación corre a cargo do estudo Antaruxa baixo unha produción de Abano Producións. Toda unha gran aposta do cinema galego para este nadal.
O domingo 18 a cineasta Chelo Loureiro estará en Codex para presentar o filme.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte