Esta fin de semana do 18 de febreiro celébrase nos Codex Cinema a estrea do filme danés de Jonas Poher Rasmussen «Flee» que conseguiu acadar tres candidaturas ben dispares nos premios da academia de Hollywood: mellor película internacional, mellor filme de animación e mellor documental.
A historia de un refuxiado político afgán que non quere revelar a súa identidade por medio a represalias sirve ao cineasta danés Jonas Poher Rasmussen para tecer unha emotiva trama sobre os movementos migratorios en Europa e a discriminación, tanto racial como de xénero.
Para conseguir que o seu protagonista falase abertamente sen medo ante a cámara, o director optou por un método moi orixinal: capturar todo o movemento dos actores e converter o filme documental nunha película de animación. Así este dispositivo se converte nunha forma de imaxinar futuros posibles e de
reflectir realidades que por desgraza moitas cámaras no mundo nunca retratan.
O filme converteuse nun éxito inmediato desde a súa presentación no festival de Sundance 2021 e alí iniciou unha prestixiosa carreira nos Estados Unidos que rematou a pasada semana cun éxito sen precedentes: tres candidaturas aos próximos Óscar, nas que se inclúen a de Mellor película
internacional, Mellor documental e mellor filme de animación.
Destacada pola súa visión humanista e a reivindicación das minorías, nun momento histórico no que Afganistán volveu a ser tomada polo movemento talibán, Flee foi recoñecida como unha das grandes películas de autor da tempada.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte