O Arde Lucus 2022 xa ten cartel anunciador
O cartel anunciador da festa Arde Lvcvs 2022 leva por título «A memoria das pedras» e é obra de Lucía Lorenzo Parada, tal e como explicou o Concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto:
“presentáronse un total de 47 carteis. Os mesmos estiveron expostos nas redes sociais da festa de recreación histórica, tal e como se recollía nas bases, para a votación popular, porque para o proceso de elección final tiñan que quedar só 10, que son as que finalmente valorou un xurado con persoas de recoñecido prestixio”.
O prazo da votación estivo aberto ata o 5 de marzo e, unha vez feito o reconto dos preto de 8.000 votos recibidos, pasaron á última fase os carteis ‘Apana a Galaica’, ‘A da Loita’, ‘Miradas’, ‘Vive a túa propia Película’, ‘Arde con Orgullo’, ‘Pegadas do Pasado’, ‘Las Llamas de Julio’, dúas obras tituladas ‘A Loita da Nosa Historia’ e a gañadora, ‘A memoria das pedras’.
O xurado profesional estivo formado polo muralista Diego As; a deseñadora gráfica Marta Castro Abelleira, e Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez, director da Escola Superior de Arte e Deseño. O xurado valorou a creatividade, a orixinalidade e a calidade dos traballos presentados.
O premio polo cartel que se utilizará para a promoción da festa, que se celebrará os días 9,10,11,12 de xuño, ascende a 1.500 euros