40 proxeccións de filmes en galego pola provincia de Lugo. Cuñados, Malencolía, O noso último verán en Escocia e as animacións Valentina e Bella e o Circo Máxico son os títulos que se proxectarán polas distintas comarcas.
As galegas “Cuñados” e “Malencolía”, a inglesa – dobrada ao galego- “O noso último verán en Escocia”, a película de animación da cineasta ferrolá Chelo Loureiro “Valentina” e “Bella e o Circo Máxico”, tamén dobrada ao galego, son as películas que forman desta programación de cine ao aire libre.
Promovida pola área de Cultura – Vicepresidencia da Deputación de Lugo, contribúe a ampliar a axenda cultural dos concellos nos meses de verán, ao tempo que se ofrece a posibilidade de ver cine en galego de forma colectiva en lugares alleos aos circuítos comerciais.
Así, as proxeccións chegarán a distintas localidades de Meira, Muras, Riotorto, Ourol, Lourenzá, Pantón, Cervantes, Outeiro de Rei, Taboada, Carballedo, O Corgo, Vilalba, O Vicedo, O Saviñao, Navia de Suarna,
Ribeira de Piquín, O Valadouro, Castro de Rei, Castroverde, A Pastoriza, Sarria, Burela, Folgoso do Courel, Guitiriz, Xermade, Triacastela, Becerreá, O Páramo, Láncara, O Incio e Vilalba, e a parroquias rurais de Lugo.
Calendario de proxeccións para os vindeiros días
18/08 “O noso último verán en Escocia”. Lourenzá. Claustro do Mosteiro. 22.00 horas
18/08 “Malencolía”. Cervantes. Patio do CPI de Cervantes. 21.45 horas
19/08 “Cuñados”. Meira. Praza do Convento. 22.00 horas
20/08 “O noso último verán en Escocia”. Carballedo. Campo da Feira de Castro de Carballedo. 22.00 horas
O calendario de proxeccións irase completando e actualizando con novas datas en cultura.deputacionlugo.gal