Esta semana Codex Cinema propón dúas estreas que amosan a incrible calidade e versatilidade actual do cinema europeo.
A primeira estrea é A rapaza e a araña, filme dirixido polos irmáns suízos Ramon e Silvan Zürcher.
Trátase dunha película narrada en clave íntima que conta o drama que xorde froito dunha mudanza. Lisa, quen leva moitos anos vivindo coa súa amiga decide cambiar de piso e este feito desembocará nunha profunda crise vital entre as dúas rapazas.
A rapaza e a araña gañou o premio ao Mellor Guión no Festival Mar del Plata de 2021, tamén foi seleccionada para participar na sección Encounters da Berlinale e na sección oficial da Seminci de Valladolid.
A outra estrea da semana é O acusado, adaptación dunha novela de Karine Tuil.
Consiste nun asfixiante filme que navega entre o drama familiar e o thriller xudicial e, ademais, pon sobre a mesa o debate sobre o consentimento.
Un mozo exitoso e de boa familia é acusado de violar a unha rapaza. A película amosa un poderoso retrato da contradición do ser humano e das inexactitudes legais e morais do sistema xudicial.
No seu reparto conta con Ben Attal, Suzanne Jouannet, Charlotte Gainsbourg e Mathieu Kassovitz.
Foi candidata ao mellor guión adaptado nos Premios César de 2021 e, ese mesmo ano, concursou no Festival de Venecia
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte