Concerto da Orquestra Barroca de Sevilla – Os Concertos de Brandeburgo de J. S. Bach
Sábado, 29/10/2022  – 20:00 h.- Círculo das Artes de Lugo
E antes, ás 18:30 h, falará sobre J. S. Bach e o programa do concerto, en «Programa de antemán», a divulgadora e musicóloga Teresa Adrán, tamén no Círculo das Artes (Salón de columnas). 
Programa:

Johann Sebastian Bach (1685-1750)

Suite orquestral Nº 2 en si m., BWV 1067  para frauta, cordas e continuo
Overture a 4 en sol m., BWV 1070 para cordas e continuo
Concerto de Brandeburgo Nº 5 en re M., BWV 1050
Concerto de Brandeburgo Nº 4 en sol M., BWV 1049

Orquestra Barroca de Sevilla

Alfonso Sebastián, clave e dirección
Violíns: Leo Rossi, Miguel Romero, Valentín Sánchez
Viola: Elvira Martínez
Violonchelo: Mercedes Ruiz
Contrabaixo: Ventura Rico
Frautas de pico: Tamar Lalo, Alberto Domínguez
Frauta: Rafael Ruibérriz de Torres

A Orquestra Barroca de Sevilla, cos seus máis de 25 anos de traxectoria, sitúase incuestionablemente no primeiro nivel das agrupacións españolas que se dedican á interpretación da música antiga con criterios historicistas.

A orquestra tivo a honra de ser dirixida polas principais figuras internacionais, entre as que cabe destacar a Gustav Leonhardt, Christophe Coin, Jordi Savall, Rinaldo Alessandrini, Harry Christophers, Diego Fasolis, Enrico Onofri e Ivor Bolton, entre outros moitos intérpretes.

Ademais da intensa actividade que desenvolve en Sevilla a través da súa Tempada de Concertos preséntase nos máis importantes escenarios españois e europeos (Auditorio Nacional, Teatro Real, Teatro Arriaga, Teatro de la Maestranza, Thüringer Bachwochen e Brühler Haydn Festival en Alemaña; Festival Musiques des Lumières de Sorèze, Salle Gaveau de París ou Festival Baroque de Pontoise, por citar algúns). No ano 2011 foille concedido o Premio Nacional da Música.

Concerto promovido pola Sociedad Filarmónica de Lugo