Documental sobre o Prestige nos Museos Provinciais de Lugo. Os pases serán o sábado, no Museo de Lugo, e o domingo, no Museo de San Cibrao, en San Paio de Narla e no Pazo e Tor.
A Rede Museística Provincial acollerá a fin de semana catro proxeccións do documental “Alegría”, sobre o vixésmo aniversario do desastre ecolóxico provocado polo afundimento do Prestige.
O audiovisual, dirixido por Luis Otero e Rocío Romero e producido por Ecoloxistas en Acción Galiza, sinala as causas que desencadearon a
maior marea negra da costa galega e lembra o traballo das persoas voluntarias que se enfrontaron ao chapapote e a mobilización da
sociedade galega arredor da plataforma “Nunca máis”.
Advirte tamén da necesidade de mellorar os medios operativos e a vixilancia sobre o buques que se achegan ao litoral galego.
Os pases serán con entrada libre e gratuíta, ata completar aforo.
Con estas proxeccións, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo súmase ás actividades programadas nos últimos días en toda Galiza para rememorar
unha data que puxo en evidencia a fraxilidade do litoral galego e xenerou un movemento cívico sen precedentes.
Proxeccións
Museo de Lugo
Sábado, 19 de novembro I 17:00 horas
Museo do Mar de San Cibrao (Cervo)
Domingo, 20 de novembro I 11:30 horas
Museo de San Paio de Narla (Friol)
Domingo, 20 de novembro I 11:30 horas
Museo Pazo de Tor (Monforte)
Domingo, 20 de novembro I 11:30 horas