O Club Cultural Valle-Inclán remata as proxeccións das ”Sesións de Filmoteca” que veu programando cada mércores en colaboración co CGAI, Filmoteca de Galicia, e segundo convenio de colaboración coa AGADIC.
Novo ciclo de tres películas para pechar o ano, de acordo co seguinte programa:
Día 30 de novembro: Luces de la ciudad, de Charles Chaplin, USA. 1931 – 82 min. VOSE.
Sesión de 18:00 horas.
Día 7 de decembro: El hombre de la cámara, de Dziga Vertov. URSS. 1929 – 67 min. Cine mudo.
Sesión de 19:30 horas.
Día 14 de decembro: Regreso a Reims, de Jean-Gabriel Périot, Francia. 2021 – 83 min. VOSE.
Sesión de 19:30 horas.
Salón de Actos da Casa do Saber, USC.
Entrada de balde, ata completar aforo, para socios do Club Cultural Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público, 2 €, parte proporcional á cota de socio.
Non se permitirá a entrada unha vez iniciada a proxección.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte