Clase maxistral sobre guión do guionista e cineasta lugués Pepe Coira. Venres 24 de febreiro,a partir das 17.00 horas, na Casa do Saber de Lugo.

O guionista, director de desenvolvemento e produtor executivo para diversas compañías audiovisuais, Pepe Coira, quen está especializado en ficción televisiva,  así como en longametraxes e series documentais, impartirá o venres 24 de febreiro,a partir das 17.00 horas, na Casa do Saber de Lugo, unha clase maxistral, de acceso libre e gratuíto para o público interesado, baixo o título «Para que serve un guión?»

A sesión impartida por Pepe Coira, que tamén é profesor no mestrado de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña, encádrase nas actividades formativas complementarias do certame FindeCurta, organizado ao abeiro do Lugo Cultural.

A clase maxistral impartida por Pepe Coira sirve tamén de sesión de apertura do programa do curso formativo nos espazos de formación da USC, un programa que terá continuidade os días 3, 10, 17 e 24 de marzo, en quenda de 17.00 a 20.00 horas, no Pazo de Montenegro. 

As persoas interesadas en participar neste curso poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información a través do enderezo de correo electrónico
cultura.lugo@usc.es

PROGRAMA DO LUGO CULTURAL