Lucenses premios Mestre Mateo 2023. 

O filme da cineasta Ángeles Huerta, «O Corpo aberto», producida polo rabadense Jorge Coira, resultou a obra máis premiada na gala dos vixésimo primeiros Mestre Mateo, entre os que figurou o de dirección de arte para o tamén lucense Antonio Pereira. 

O cineasta lucense David Figaldo Omil, coa súa curta de animación Sandwich Cat, tamén subiu ao escenario a recoller o galardón a mellor curtametraxe de animación

Rapa, que partía con 19 candidaturas finalistas, conquistou 4 galardóns: mellor serie de televisión e mellor montaxe para Jorge Coira, Gaspar Broullón, Óscar Pardo e Lucía Iglesias. 

O GRAN MOMENTO DO AUDIOVISUAL LUCENSE

A representación lucense era moi numerosa.

Os diferentes traballos audiovisuais con talento lucense optaban en total a 47 nominacións nas categorías de mellor longametraxe, mellor dirección, mellor guión, mellor interpretación feminina de reparto, mellor interpretación feminina protagonista, mellor interpretación masculina de reparto e protagonista, mellor dirección de arte, mellor fotografía, mellor produción, mellor maquillaxe e peiteado, mellor montaxe, mellor música orixinal, mellor vestiario, mellor son e mellor serie de TV.