Taller audiovisual con Andrés Goteira do multipremiado filme «Dhogs». Datas: 01.04.2023-04.04.2023. Lugar: Seoane do Courel – Estación Científica da USC
Taller «Non agardemos para poñernos a rodar. Proceso de creación dunha curta» Actividade complementaria ao programa «Fin de Curta» (LUGO CULTURAL)
Este taller propón 4 intensas xornadas de convivencia na Estación Científica da USC no Courel cun claro obxectivo experimental e de inmersión na natureza.
Rodaxes libres relacionadas co que nos rodea e que chama por nós.
É un tempo para a técnica, tempo para a creación, tempo para a improvisación e tempo para desvincularse da razón.
Non é un taller de artesanía ou técnica audiovisual, é un taller de búsqueda de sons, de imaxes, de emocións e de miradas propias.
Está orientado á participación da comunidade universitaria, aínda que tamén está aberto ao público en xeral.
Prezo da matrícula*
Taxa xeral: 300 euros (240 euros, facendo a matrÍcula antes do 15 de marzo)
Taxa Comunidade universitaria : 250 euros (190 euros, facendo a matrÍcula antes do 15 de marzo)
*No prezo está incluído o curso, aloxamento e comidas.
As persoas interesadas poden solicitar máis información ao respecto deste obradoiro a través do número de teléfono 982 82 1511 ou tamén no enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.gal.