A “Ulysses European Odissey”, programación europea bienal que conmemora o centenario da “Ulíses” de James Joyce, obra capital da Literatura Europea, e que se celebra en 18 cidades europeas diferentes, aterra en Lugo entre os días 19 a 21 de maio, sendo a única cidade española, cun completo programa literario, artístico e gastronómico baseado no capítulo VIII “Lestrygonians”, centrado na Literatura e a Gastrocultura.
Entrada de balde.
Leopoldo Bloom pasea no libro polas rúas de Dublin o 16 de xuño de 1904 e, logo do mercado, para nun pub ao mediodía a tomar un petisco de pan e queixo
gorgonzola, acompañado por un viño de Borgoña.
A comida, o viño, o paseo e a literatura serán tamén os protagonistas do programa “Ulises en Lugo”, que contará cun programa descentralizado por toda a cidade con 20 actos diferentes nos que participarán preto de 40 diferentes axentes culturais e gastronómicos entre escritoras, poetas, tradutores, bailarinas, músicos, cociñeiros, académicas ou labregos, entre outros perfiles referenciados nos diferentes eidos que abarca este programa cultural internacional.
Nestas xornadas analizarase a historia da tradución do Ulysses ao galego; a literatura gastronómica; a estreita relación entre Galicia e Irlanda; as súas semellanzas culturais, artísticas e mesmo históricas; e a influencia do libro de Joyce, cume do modernismo literario do século pasado, na literatura galega actual.
Así mesmo, o festival organizará un simposio no que se analizará o vizoso sector gastrocultural de Lugo e Galicia, dende a produción, ate a distribución e o
desfrute da nosa gastrocultura, referente europea.
Cociñeiros, produtores, académicos e labregos serán os encargados de explicar, en primeira persoa, as súas achegas a un factor cultural de primeira magnitude, como é a alimentación.
As actuacións da Filarmónica de Lugo, a reconstrución sonora da Praza de Abastos de Lugo cara a 1920 e unha interpretación danzada do capítulo VIII a cargo da compañía 3Monos forman parte tamén do programa dunhas xornadas que contará coa participación de Antón Reixa, Yolanda Castaño, Marica Campo, Xavier Queipo, Cid Cabido, María Linheira, Francisco Castro, Genaro da Silva, Isaac Xubín, Keith Payne, Sara Plaza, Lois Diéguez ou da poeta e veterinaria María Sánchez, entre moitos outros.
Ulysses European Odyssey é o primeiro programa Europa Creativa de cooperación cultural a grande escala no que participa a cidade de Lugo, en colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra.
Promoven: Fundación Uxío Novoneyra e Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo
Pódese consultar máis información da rede ná páxina ulysseseurope.eu
Entrada de balde.
Consultas info@uxionovoneyra.com