«Julia», unha película que rinde homenaxe a todas as nosas avoas e o seu inquebrantable legado.
Tras unha viaxe que a levou por 15 prestixiosos festivais de cine en tres continentes, «Julia» regresa ao seu lugar de orixe para o seu esperado lanzamento nos cines Codex de Lugo.
Date e Hora da estrea: 14 de Setembro de 2023 – 20:30 horas. Lugar: Cines Codex de Lugo (Praza Viana do Castelo, 4 -3, 27297 Lugo)
A noite da estrea estará chea de emoción, cunha pequena presentación previa á proxección e un coloquio cando termine a película.
É unha oportunidade única para explorar o proceso de
creación de «Julia» da man do seu Director, Jacobo Lagüela, e reflexionar sobre as historias das nosas aovas que a normalmente pasan desapercibidas; é unha das poucas oportunidades de ver un documental na gran pantalla.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte