Amaral. Fonte: https://www.facebook.com/amaraloficial
Amaral no Caudal Fest 2024
O dúo zaragozano únese ás bandas e artistas como Mikel Izal, Viva Suecia, Arde Bogotá, Ginebras ou Nil Moliner que actuarán na cita musical luguesa.

O evento volverá a contorna fluvial do río Miño os días 20 e 21 de setembro con máis da metade dos abonos xa vendidos.

Eva Amaral e Juan Aguirre son autores de éxitos como “Sin ti no soy nada”, “Como hablar” ou “Días de verano” que xa forman parte da cultura popular de todo o país, polo que, sen dúbida, os integrantes de Amaral farán corear ao público lucense un repertorio cheo de himnos durante a súa actuación no Caudal Fest 2024, o vindeiro mes de setembro.

Caudal Fest 2024 contará de novo co apoio do Concello de Lugo como impulsor e dinamizador do festival, desde a súa primeira edición, e con Estrella Galicia, principal patrocinador privado do evento.