Lugo Cultural – Aberta a inscrición na Findecurta 2024
Findecurta é unha actividade incluída na programación da Primavera Cultural da USC que se desenvolve de 5 de abril a 9 de abril e que está artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, e áreas de Cultura do Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
É un certame audiovisual para o impulso de novos creadores, no que os participantes deberán realizar unha curta seguindo os parámetros das bases do certame.
Outorgarase un primeiro premio de 400€, que supón ademais a participación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo, onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega, e un segundo premio (Premio do Público), que supón a participación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo, onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.
A inscrición para participar pode facerse ata o 21 de marzo de 2024. Unha vez feita a inscrición tes que seguir os pasos da Findecurta: o 5 de abril ás 20.30 horas será a Sesión informativa na Casa do Saber; do 5 de abril ás 20.30 ata 9 de abril ás 10.30 horas é o tempo oficial de realización da curta; ata o 9 de abril ás 10.30 horas é o prazo para a entrega da documentación e da curtametraxe e o 3 de maio é a proxección.
As persoas participantes deberán realizar unha curta seguindo os parámetros das bases.