Fotografías Viva O San Froilán Domingo 06 Outubro 2024

DOMINGO 06 (DOMINGO DAS MOZAS) SAN FROILÁN 2024

10.00 H. III Feira de Olería Lugo Tradicional (FOLT) na praza Santo Domingo (fronte á Praza de Abastos) até ás 21.00h.

10.00 H. OKTOBERINK organizado pola Asociación Galega de Arte Corporal. Desde ás 10h até ás 22h. Ás 11.00h sesión DJ, ás 13.30h Concerto Nacarúh, ás 17h exhibición baile Gravity, ás 18h concerto Sin Trom ni Son

10.00 H. XXXI Feira do Mel. Até as 21.00h na praza da Soidade. Cata de mel ás 12.30h e Obradoiro de Velas das 12h ás 14h.

11.00 H EXPOLUGO. Exposición de razas autóctonas da Galiza; Das 11:00 ás 20:00 h na carpa xunto ao Vello Cárcere. Bovino: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa e Rubia Galega. Ovino: Ovella Galega, Suffolk, Charolesa, Romanov, Churra e Texel negra. Caprino: Cabra Galega e Boer. Porcino: Porco Celta. Aves: Galiña de Mos e Galiña Piñeira. Equino: Pura Raza Galega. Cans: Can de Palleiro.

11.00 H San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción de varias pezas artísticas con materiais autóctonos, na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen (Das 11.00h ás 13.30h).

11.00 H 52ª Edición do Desfile do traxe galego na praza Maior.

11.30 H XXV Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, polo recinto histórico. Das 11:30h ás 13.30h e das 17.00h ás 18.30h. Participan: A Gaita de Sarandón (Vedra – A Coruña), Contiños da Feira (A Coruña), De Pe Feito (Ourense), Herba Grileira (Melide – A Coruña), lla Pancha (Ribadeo – Lugo), Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo – Pontevedra), Os Barrios (Chantada – Lugo), Raigames (Vigo – Pontevedra), Silveiras do Támega (Laza – Ourense).

12.00 H Ofrenda floral a Rosalía de Castro por parte de Marga Portomeñe e Ana Carrreira no Parque de Rosalía de Castro. Coa actuación musical do Coro de Cántigas e Frores.

12.30 H Pasarrúas de A volta do agro polo barrio da ponte.

12.30 H Pasarrúas de Trastiños do Castelo pola Avenida Adolfo Suárez e o Sagrado Corazón.

12.30 H. Concerto de Airiños de Orbazai na praza Santa María.

13.00 H. Concerto de Branca Villares e Pablo Pintor na praza da Mosqueira.

13.00 H. Cabezudos polo Campo Castelo e praza Maior.

13.00 H. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación de O Mago Antón na praza de Augas Férreas.

17.00 H. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de c on s t r ución de v ari a s pezas artísticas con materiais autóctonos, na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen (Das 17.00h ás 20.00h).

17.30 H. Os Pelúdez no Cemiterio San Froilán. Visita guiada polo cemiterio da man de Os Pelúdez.

18.00 H O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación do Mago Antón na praza de Augas Férreas. Pases ás 18.00, 19.30 e 21.00h.

18.30 H. Concerto de CARAPAUS na praza Santa María.

19.30 H. Pasarrúas de Foliada de Bosende pola Avenida da Coruña(desde a Medusa), praza Viana do Castelo e praza do Agro do Rolo.

19.30 H. Os Pelúdez entre nós pola praza Maior e o recinto histórico.

20.00 H. Concerto de BELEM TAJES na praza da Mosqueira.

20.00 H. Pasarrúas de Reviravolta polo Campo Castelo, rúa San Pedro, Raíña e praza Santo Domingo.

20.00 H. Concerto de OS MELIDAOS na praza Santa María.

22.00 H. Concerto de SÉS na praza Horta do Seminario. Ás 21.00h Teloneiros: Filophóbicas.

Máis fotografías deste día do San Froilán en: https://www.vivaosanfroilan.com/

Viva o San Froilán 2024
A mirada de artistas lucenses sobre as festas.

Chega unha nova edición do Viva o San Froilán, proxecto deste medio dixital que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses.

Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.

Este San Froilán 2024 contamos con:

Iago Eireos

Carlos Maira Teijeiro

Iván Mouronte

Esther López Álvarez

Bego Pérez

Alejandro Real

Sara Temes

e o Loopez para mostrar coa súa mirada fotográfica as festas á súa maneira.
 

Ademais, como cada ano, a agardada ilustración conmemorativa de Iván Mouronte.

Visita web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/