Auditorio Municipal Gustavo Freire – Programación primeiro semestre 2025
A área de Cultura programa teatro, danza e outras artes escénicas para todas as idades (desde os 6 meses, para público familiar, adulto…)
Entre o 12 de xaneiro e o 18 de maio.
Podes consultar outros espectáculos programados no Gustavo Freire na nosa axenda.
PROGRAMACIÓN Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo:
XANEIRO
12 de xaneiro. 18:30. Público familiar – «La maestra” de Anita Maravillas»
Idade recomendada: A partir dos 6 anos. Premio FETÉN 2024 ao mellor espazo escénico.
Sinopse:
A mestra é valente, hábil e simpática. Cre nas capacidades dos nenos e as nenas, nas de todos e todas. A mestra e a súa pequena clase construíron xuntos unha fermosa escola, unha escola no bosque con cabida para todos os animais. A palabra máis querida pola nosa mestra é a liberdade, polo que quere que a súa clase creza libremente.
Desgraciadamente, os maiores comezan unha guerra que obrigará aos nosos protagonistas para deixar atrás a súa soñada escola, unha escola construída desde o amor e o coidado mutuo. A historia de La Mestra é un intento tolo e fermoso de ser libre e feliz. A través desta historia viaxan as palabras daquelas valentes mestras e rumoréannos ao oído que a primeira condición para ser libre é tentalo.
16 de xaneiro. 20:30 – “As Gardiás” de Teatro de Ningures. Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
Sinopse:
As Gardiás, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez.
O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia.
Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.
19 de xaneiro. 18:30. Público familiar – “Compaña” de Xampatito pato. Idade recomendada: A partir dos 5 anos.
Sinopse:
Un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos.
A través deste proceso, consegue sentirse acompañado e leva ó público por un camiño cheo de sorpresas e risas nun espectáculo sen texto.
23 de xaneiro. 20:30 – “Testosterona” de Malasombra Producións. Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
Sinopse:
O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?…
Testosterona fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ambito nacional; cal dos dous será o elixido e por que?
A autora mexicana Sabina Bernan, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.
24 de xaneiro. 20:30. Danza – “Multiperspectivas3” de Paula Quintas. Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
Sinopse:
Multiperpectivas 3 de Paula Quintas é unha proposta orixinal e novidosa que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea.
MULTIPERSPECTIVAS é un proxecto con diferentes fases.
Multiperspectivas#1. Sen estruturas de funambulismo. Estrea Festival Escenas do Cambio. 2021.
Multiperspectivas#2. 2 estructuras de funambulismo. Estrea Teatro Principal A Estrada. 2023.
Multiperspectivas#3. 3 estructuras de funambulisamo. Estrea Fira Tàrrega. 2024.
26 de xaneiro. Pases ás 17:00 e 18:30. 1ª infancia – “Madame Lumière” de La Menuda Produccions. Idade recomendada: A partir dos 6 meses.
Madame Lumière é un espectáculo musical para a primeira infancia.
Ao solpor, os últimos raios de luz do día, entran no teatro. Entre a escuridade e as cores vermellas, laranxas e azuis, irán aparecendo, personaxes máxicos, grilos e melodías clásicas que darán a benvida á noite. As estrelas nos chiscará un ollo e as luces cálidas dos fogares abriranse.
Mentres tanto, os máis pequenos da casa, a ritmo dunha sutil melodía, pecharán os ollos entrando nun soño doce e profundo. Nese preciso momento, é cando chega Madame Lumière que se encargará de dar vida aos soños de Layla (unha nena de 10 anos) ao longo de toda a noite: soños en mares profundos, soños de crianzas, soños en carpas de circo… e incluso algún pesadelo.
A noite, rodeada dun espazo sonoro e dunha delicada banda sonora interpretada cunha exquisita excelencia, chegará ao mencer. Á hora de espertar e desfrutar do recordo dos soños vividos durante esta fermosa noite.
Madame Lumière é unha homenaxe á música, á luz, e á maxia dos soños.
30 de xaneiro. 20:30- “Anónimos” de Rauxa Cia. Idade recomendada: A partir dos 7 anos. Premio Drac D´or Julieta Agustí ao mellor espectáculo da Lleida 2024 Títelles Fira.
Sinopse:
Canto somos capaces de manipular os nosos propios pensamentos para fuxir da realidade?
Anonymous é un espectáculo sensible e onírico que nos mergulla na mente dun personaxe que busca constantemente encher o seu baleiro, a súa propia soidade.
Unha peza de circo contemporáneo que fusiona acrobacias, danza, verticais e manipulación de obxectos para introducirnos nun mundo poético e traxicómico que investiga a necesidade de sentirnos queridos.
FEBREIRO
2 de febreiro. 18:30. Público familiar – “Kyoki” de Elefante Elegante. Idade recomendada: A partir dos 3 anos.
KYOKI vai destinado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo trata a temática da memoria, da vellez, da demencia, da soidade e da dura e esixente tarefa de coidar as persoas maiores e enfermas.
A través dunha linguaxe xestual impulsada pola interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou doutro todas as persoas podemos recoñecer.
KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita verificarse en persoas de idade avanzada, mais quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? Ou saiu de casa atrasado para o cole sen peitear o cabelo?
KYOKI retrata un deses días catastróficos, máis é tamén unha homenaxe a todas as persoas maiores que asisten cada día ó proceso implacable do declinio das súas capacidades vitais.
6 de febreiro. 20:30 – “O Pano” de Bátega Teatro. Idade recomendada: A partir dos 12 anos.
Sinopse:
Celia, nada en 1924, vivíu a crueza do patriarcado ao longo do século XX e Sau vive as consecuencias do seu enquistamento nun probable devir distópico en pleno corazón do século XXI. Son dúas mulleres entre as que existe unha conexión atemporal.
Celia acaba de chegar ao limbo. Lembra o ensino da II República, o terror da Guerra Civil e a posguerra, escuro período no que coñece a Mario, un maltratador que lle deixou unha fonda cicatriz. Celia afrontou esa dor desde unha heroicidade pouco convencional. Coa axuda de Soidade, a fraga, a súa horta e a forza de todas as súas devanceiras, reconstruíu a súa vida.
Sau 43 acaba de fuxir por unha fendedura temporal. No ano 2040, no que vive, todas as persoas levan un microchip desde a secura do 29, todas as mulleres e boa parte dos homes foron xulgadas públicamente e a agresividade medra cada día. Ou mudamos o presente ou non temos futuro. Mirémonos aos ollos, sintamos, choremos e non sucumbamos endexamais.
9 de febreiro. Pases ás 17:00 e 18:30. 1ª infancia – “Mímesis” de Zigzag danza. Idade recomendada: Dos 0 aos 4 anos. Espectáculo recomendado polas Comisións Artísticas do circuito Camiño Escena Norte.
Sinopse:
Es o que ves. Somos o que vemos. A tribu reúnese para o ritual iniciático da vida. Coma nun espello, moldeamos o reflexo de aquilo que nos rodea reinterpretándoo para chegar a ser o que somos. Antes de nada, todo non era.
Mimesis constrúese arredor da imitación como vía de relación coa nosa contorna, aprendemos porque repetimos aquilo que vemos. Formamos parte dunha comunidade e dun entorno natural que nos serven de referencia para a construción do que chegaremos a ser. A modo de ritual non verbal nos comunicamos entre nós, nos comunicamos con vos, comunicádesvos con nós e no xogo da repetición o espazo que habitamos transfórmase.
Mimesis concíbese coma un ritual escénico para a primeira infancia e as súas familias, que constrúe un ecosistema escénico para que sexa habitado por intérpretes e familias participantes.
13 de febreiro. 20:30 – “O dragón de ouro” de Sarabela Teatro. Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
Sinopse:
Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa:un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés – Chinés – Vietnamita,O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida.
No balcón, sobre o Dragón de Ouro,un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos.
No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo,un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa. Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer.
O Dragón de ouro, é unha das obras de Ronald Schimmelpfenning máis representadas en todo o mundo, sendo esta, a primeira vez en galego. A obra debuxa un interesante retrato sobre os inmigrantes ilegais e a súa explotación no mundo occidental.
16 de febreiro. 18:30. Público familiar – “E entón un xardín” de Paporrubio. Idade recomendada: A partir de 3 anos. 20 de febreiro. 20:30 – “Non pasarán” de Artika Teatro. Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
Sinopse:
“E entón, un xardín” é unha peza para público familiar da compañía Paporrubio escrita e dirixida por María Peinado, co actor Luchi Iglesias e coa música en vivo de Carlos Quintá. Unha comedia colorista e vitalista asentada no teatro de marionetas, na plasticidade do teatro de obxectos e na poética da imaxe.
Neste espectáculo o xardín convértese nun lugar de celebración e reivindicación. Os vexetais e animais son os protagonistas dunha historia estrafalaria na que a natureza esperta e reivinica os seus dereitos. Unha comedia disparatada ao servizo da imaxinación para espertar valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto: a necesidade dun latir común co mundo natural.
20 de febreiro. 20:30. “Non pasarán” de Artika Teatro. Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
Sinopse:
«NON PASARÁN» é unha poderosa obra de teatro que explora a persistencia das ideoloxías intolerantes ao longo do tempo. Inspirada na obra clásica «Biedermann e os Incendiarios» de Max Frisch, esta produción contemporánea de Ártika Cía. lévanos a través de tres épocas cruciais: os anos 1920, 1980 e 2020, destacando como estas ideoloxías rexurden e adáptanse en diferentes contextos históricos.
21 de febreiro. 20:30. Danza – “Batu” da Compañía NODE + “Triade” da Compañía Colectivo Glovo + “Ypark” da Compañía Zuk Dance. Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
Sinopse:
Batu de NODE (Euskadi) é a celebración que comparte o noso legado, o presente e o futuro. Alúmbrase sobre os pilares culturais de Euskal Herria (folklore, danza e música). A mirada enfocada ao futuro para dar un salto e inundarnos coa súa luz. Suma o que fumos, o que somos e o que seremos nun mesmo contexto artístico.
Conmemora as nosas raíces e celebra o noso porvir cunha viaxe no tempo. Unha viaxe ao través de corpos xeneracionais. Unha sociedade que deu aos deuses por mortos e permitiu que algunhas mulleres se apoderaran de vellos símbolos. O resultado foi un código independente, positrónico, baseado na risa, a complicidade e a linguaxe propia.
TRÏADE ten como punto de partida esa necesidade de xuntarse, vencellarse e bailar desde o coidado e a escoita nun espazo feminino que procure unha xenealoxía feminina, unha orde simbólica persoal e independente, inspirada pola triada luar e a súa idea do eterno retorno – vida, morte e renacemento – resultando unha peza de corto formato para espazo non convencional con marcado carácter ritualesco e de culto ás ancestras e ás raíces.
YPark explora a desgarradora travesía dunha muller na busca da liberdade. Inspirada na historia de Yeonmi Park, a peza trascende os límites da linguaxe para capturar as emocións de opresión, desesperación e resistencia.
A través da plasticidade do movemento e o contacto represéntase a loita de quen se enfrenta ao autoritarismo e ao sufrimento humán que isto conleva. A viaxe comeza na escuridade sofocante dun réxime represivo, onde os corpos móvense con restriccións, simbolizando a perda de identidade e a represión do espíritu.
23 de febreiro. 18:30. Público familiar – “Dentro del corazón del mundo” de Engruna Teatre. Idade recomendada: A partir dos 10 anos. Premio Butaca 2024 Mejor espectáculo Público Familiar. Premio Teatre Barcelona 2024
Sinopse:
Parte da novela “La mujer que buceó dentro del corazón do mundo”, da autora mexicana Sabina Berman. O espectáculo expón a metáfora da actitude autista que as persoas neurotípicas adoptan cara o medio do que proceden. A través de Karen, unha nena con condición autista, ínstase o individuo a buscar novas formas de conectar coa contorna sen xerarquías.
Karen foi abandonada pola súa nai e viviu en estado salvaxe e en plena conexión coa natureza. A súa escasa relación cos humanos cambia coa chegada da súa tía Isabelle quen, por primeira vez, a trata con amor. A través da súa tía, aprende a falar, escribir e relacionarse co mundo neurotípico ata descubrir a súa xenialidade nalgúns aspectos da vida.
27 de febreiro. 20:30. – “Absurdia” de Dani Blanco Producións Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
Sinopse:
Unha paisaxe desolada: podería ser un vertedoiro, unha fábrica abandonada, unha trincheira, unha vella estación. Ducias de cadeiras en montóns desordeados.
Tres personaxes abafados por completar unha tarefa que non comprenden e que nunca rematan. Falan, calan, discuten, retórcense, pelexan e danse apertas. Pasan da angustia á euforia cada pouco. Non saben por que están alí, nin o que lles espera. Parece que non poden marchar. Benvidos, isto é ABSURDIA.
MARZO
7 de marzo. 20:30. Danza – “Sobre o extravío ou a arte de perderse” de Furia Sotelo. Idade Recomendada: A partir dos 14 anos.
Sinopse:
Un só de danza-teatro sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse.
Sobre o extravío ou a arte de perderse convídanos a compartir a viaxe a través do espazo interior e exterior dunha muller. Como espectadores e cómplices do seu modo de construír(se), habitar, perderse e chegar a lugares inesperados.
Lugares onde o movemento, o texto, o espazo sonoro, o corpo e os obxectos combínanse captando sen esforzo a atención do espectador, mergullándoo nun tempo suspendido e evocador no que algo pode aparecer: unha sorpresa, unha pregunta, unha resposta quizais…
9 de marzo. 18:30. Público familiar. – “Crisálida” de Caramuxo Teatro. Idade recomendada: A partir dos 6 anos. Premio María Casares 2024 ao mellor espectáculo infantil. Espectáculo recomendado por Camiño Escena Norte.
Sinopse:
“Crisálida” é o espectáculo número 25 de Caramuxo teatro, co que cumprimos 20 anos de traxectoria. Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias.
“Crisálida é un espectáculo que quere poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. A importancia da existencia de eses espazos que crean comunidade.
“Crisálida” é o espectáculo máis ambicioso da compañía. Unha montaxe de máscaras, sen texto, con catro actores e máis de 12 personaxes. Dirixido pola prestixiosa directora Olga Margallo (Gañadora de multitude de premios Fetén, premios Max, Premio Nacional con Uroc teatro…)
Historias como as da mercería Crisálida amósannos que este tipo de negocios, máis baseados nas relacións humanas que no beneficio económico, deben ser protexidos por ser parte do noso patrimonio.
ABRIL
3 de abril. 20:30. – “Reconversión” de Ibuprofeno teatro. Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
6 de abril. Pases ás 17:00 e 18:30. 1ª infancia. – “Tana (A tobeira)” de Compagnia TPO. Idade recomendada: De 1 aos 5 anos.
10 de abril. 20:30. – “Desterradas” de Producións Teatrais Excéntricas. Idade recomendada: A partir dos 14 anos. AS DESTERRADAS de CARME VARELA (25º Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais).
24 de abril. 20:30 – “Profetas” de Ítaca Teatro. Idade recomendada: A partir dos 14 anos. Premio Abrente de Textos Teatrais 2021.
25 de abril. 20:30. – “OCELO” de Colectivo Espaço Invisíbel. Público familiar Idade recomendada: A dos 8 anos.
1 de maio. 20:30 – “Napoleón o el complejo de épico” de Teatro do Chapitô. Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
2 de maio. 20:30. Danza – “Dance Join” de Marta Alonso. Idade recomendada: A partir dos 8 anos.
4 de maio. 18:30. Público familiar. – “A nena e o grilo camiño das cores” de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos. Idade recomendada: A partir dos 5 anos.
8 de maio. 20:30 – “Manuela Rey Is In Da House” do Centro Dramático Galego, Teatro do Noroeste, Centro Dramático de Viana, Teatro Nacional Dona María II e Teatro Nacional Sao Joao. Idade recomendada: A partir dos 16 anos. Espectáculo en Lingua galega e portuguesa.
15 de maio. Pases ás 17:00 e 18:30. Público familiar. “La liebre, la tortuga & la influencer” de Larumbe Danza. Idade recomendada: A partir dos 8 anos.
16 de maio. 20:30. Danza. “TROMSØ” de Morraoconto. Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
18 de maio. 20:30. Público familiar. “Un pez en el corazón” de Mar Mar teatro. Idade Recomendada: A partir dos 4 anos. Finalista PREMIOS MAX 2024 ao mellor espectáculo para publico infantil, xuvenil ou para público familiar.
ENTRADAS
Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e de danza, e 3 nas actividades familiares e de 1ª infancia.
As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo