Obradoiros de creación de paisaxes sonoras, videoarte e cine no Lugo Cultural 2025.
Febreiro e Marzo 2025
Lugar: CASA DO SABER
Módulo 1 – Laboratorio sonoro: técnicas de gravación, software e creación de paisaxes sonoras

Este obradoiro ofrece unha introdución práctica e creativa ao manexo de software de edición de audio e procesamento de efectos.

Aprenderás a gravar, editar e manipular sons para crear paisaxes e composicións sonoras.

Exploraremos ferramentas como Reaper e plugins de efectos, mentres desenvolves proxectos reais que combinen técnica e creatividade. Non se require experiencia previa, só ganas de aprender e experimentar co mundo acústico.

Relator: Arturo Vaquero

Datas:

  • 14 de febreiro de 16.00 a 21.00 horas
  • 16 de febreiro de 9.00 a 14:00 horas
Módulo 2 – Sementando videoarte

Dende as interseccións artísticas que a xeran -linguaxe cinematográfica, plástica, escrita, sonora…- achegámonos á videoarte na experimentación de formatos, técnicas e ferramentas que permitan un coñecemento xeral dos prantexamentos teóricos e prácticos do medio. 

O módulo aborda etapas creativas -dende a preprodución até a postprodución- que posibilitan a realización dunha peza videoartística alén dos sistemas de produción tradicionais, e acompaña os procesos individuais de creación dunha peza de videoarte.

Relatora: Carmen Granxeiro

Datas:   

  • 21 de febreiro de 16.00 a 21.00 horas
  • 23 de febreiro de 9.00 a 14.00 horas
Módulo 3 – Cine de guerrilla: crea cine sen límites

Relator: Bruno Máez

Datas: 

  • Vernes 14 de marzo de 17.00 a 19.00 horas
  • Sábado 15 de marzo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas

Queres facer cine, pero cres necesitas grandes presupostos e equipos custosos? Pensa outra vez! Neste curso de Cine de Guerrilla, descubrirás como a creatividade e a paixón son as túas maiores ferramentas para contar historias poderosas.

Aprenderás a producir películas de baixo orzamento utilizando recursos accesibles, localizacións e técnicas innovadoras que desafían as normas do cine tradicional. Desde a ideal inicial ata a edición final, este curso levarate por todas as etapas da produción cinematográfica, explorando como planificar, rodar e finalizar proxectos como os que tes á túa disposición.

Converteraste nun creador multidisciplinario, asumindo roles como guionista, director, camarógrafo, editor e incluso promotor da túa obra. E ao mellor o teu proxecto final será unha curtametraxe independente que poderás presentar en festivais e plataformas nacionais e internacionais.

Este curso non é soamente unha clase, é un desafío. É para quen quere romper as regras, crear co que teñen e contar historias que ninguén máis se atreve a contar. Se estás listo para facer cine sen límites, este é o teu momento.

Calendario:

Venres, de 17.00 a 19.00 horas

  • Preprodución
    • Fundamentos do cine 
    • Fundamentos do guión cinematográfico

Sábado, de 10.00 a 14.00 horas

  • Preprodución
    • Selección do guión e redacción do guión técnico e plan de rodaxe
  • Produción:
    • Base teórica da produción cinematográfica
    • Rodaxe

Sábado, de 16.00 a 20.00 horas

  • Produción
    • Rodaxe
  • Post-produción
    • Edición da curtametraxe
    • Edición da curtametraxe e coordinación exhibición
Matrícula

Inscrición desde o 5 de febreiro ata completar prazas neste formulario, seguindo as instrucións do documento de pagamento de taxa. 

No caso do módulo 1 a inscrición pode facerse ata o xoves 13 de febreiro á mañá.

Prazas: 14 persoas 

Prezos:

1) Por módulo:

  • Taxa xeral: 60 euros
  • Comunidade universitaria: 30 euros

2) Todos os módulos

  • Taxa xeral: 150 euros
  • Taxa comunidade universitaria: 70 euros

Dentro do Lugo Cultural

Xestión: Área de Cultura USC

Colabora: Cultura e Turismo de Lugo e Vicepresidencia. Deputación de Lugo