- Este evento ha pasado.
Marta Villar presenta o seu último libro «Detective Ferruchi»

Marta Villar presenta o seu último libro «Detective Ferruchi»
Venres 21 de marzo ás 19:30 LECTOCOSMOS
En conversa coa xornalista María Taboada.
A obra desenvolve unha historia coral, na que a investigación dun asasinato sérvelle á autora de veículo para ofrecer un retrato de múltiples personaxes e situacións, engadindo á intriga propia da novela negra o comentario social e político sobre diversos tipos e situacións da nosa sociedade actual, sen renunciar ao humor e á ironía.
A escritora bergantiñá requinta así na novela para adultos, sumando ao éxito de público que xa acadara coa súa primeira obra (Non temerás os coches amarelos), o recoñecemento crítico, o que lle supuxo a obtención do XLI Premio Xerais de Novela, un dos galardóns máis importantes desta disciplina no ámbito galego.
Editado por Xerais.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo



























