- Este evento ha pasado.
Ciclo “Sons de Maio arredor da tradición oral”
Ciclo “Sons de Maio arredor da tradición oral”
Actuacións na Praza da Soidade de Lugo das aulas de música, canto e baile tradicional da Tradescola.
O luns 12 partir das 18.00 horas será a banda de gaitas e percusión da Tradescola a que nos ofrecerá un repertorio de música tradicional, a partir das 20.00 horas, as escolas de canto e pandeireta da Tradescola serán as encargadas de facer soar os Sons de Maio na Praza da Soidade.
O martes día 13, os encargados do sons serán os alumnos e profesores de canto e pandeireta, pandeira e baile tradicional, que ofrecerán a súa actuación a partir das 19.30 horas.
O mércores soarán as gaitas, acordeóns e a percusión tradicional, tamén as 19.30 horas, e o xoves pecharemos este ciclo de audicións co alumnado de zanfona da Tradescola.
Esta nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.
Con estos concertos, a Tradescola quere sumarse ós distintos actos en homenaxe as nosas cantareiras e a nosa tradición oral, no día das nosas letras, e nos mesmos, poderemos gozar de numeroso repertorio tradicional, interpretado pol@s alumn@s e mestres da Tradescola onde non faltarán gaitas, zanfonas, requintas, percusións, acordeóns, cantareir@s e por suposto bailadores e bailadoras.





























