- Este evento ha pasado.
Espectáculo teatralizado “Historias que transforman”

Espectáculo teatralizado “Historias que transforman”
A actividade, que mestura narración oral, música e posta en escena, terá lugar o martes, 8 de xullo, a partir das 19:00 horas na praza Anxo Fernández Gómez, con acceso libre.
Nun ton lúdico e accesible, o espectáculo convida a pensar sobre como as accións individuais e comunitarias poden contribuír a construír un futuro máis xusto e sostible.
Ademais da representación teatral tamén haberá un obradoiro creativo de cadernos de bitácora elaborados con materiais de reciclaxe e un photocall.
A actividade está pensada para todos os públicos, é de acceso libre e non require inscrición previa.





























