- Este evento ha pasado.
Poesía con Antón Reixa, Xosé Manuel Pereiro e Pedro Granell

Poesía con Antón Reixa, Xosé Manuel Pereiro e Pedro Granell
O mundo é un lugar peor sen Lois Pereiro. Da man de seu irmán, Xosé Manuel Pereiro (aka
Johnny Rotring), frontman de Radio Océano, o Resentido Antón Reixa e o Eskizo
underground Pedro Granell, viaxaremos de novo aos versos dun dos referentes da poesía
galega contemporánea, nunha calma nerviosa pero prudente. A palabra feita transgresión,
a mirada perplexa diante do mundo e a irreverencia psicodélica poñerán a proba a pedra
da Muralla. A viaxe é o cumio.





























