O Concello de Lugo reforzará a presenza da campaña turística e de marca cidade “Lugo, parte do teu camiño” no Caudal Fest 2025, que celebrará a súa próxima edición os días 19 e 20 de setembro nos xardíns do Pazo de Feiras e Congresos.
Como explicou o alcalde, Miguel Fernández, “falamos dun dos festivais de referencia de Galicia, que trae cada ano a máis de 30.000 persoas a Lugo e que xera un impacto económico e cultural de primeiro nivel. Non podiamos deixar pasar a oportunidade de sumar a Lugo a esta festa da música e da creatividade, vinculando a nosa imaxe a un evento que xa é unha cita consolidada no calendario estatal”.
A campaña municipal estará presente nos principais soportes do festival: desde os carteis oficiais ata as entradas, pasando polas redes sociais do Caudal Fest, os vídeos promocionais, as pantallas do recinto e os espazos físicos de sinalización durante o evento.
O festival conta este ano cun cartel de luxo, con artistas como Love of Lesbian, Melendi, Carolina Durante, Zahara, Duncan Dhu ou Vega, entre outros. Ademais, incluirá propostas da escena alternativa galega como Músculo!, Kike Varela ou Lisdexia.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte