Foto: Iván Mouronte por Iván Mouronte.

O artista lucense Iván Mouronte será o deseñador do cartaz do San Froilán 2025, despois de que a área de Cultura decidise colaborar coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración «para que cada ano sexa un artista de Lugo quen se encargue de dar imaxe á gran festa do outono galego» Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

Ferreiro afirmou que a área de Cultura tomou esta decisión «despois de que moitas festas que seguían o modelo de concurso tivesen que modificar os carteis debido ao uso de ferramentas como a Intelixencia Artificial», e engadiu «con esta medida queremos promocionar o traballo das profesionais da ilustración de Lugo, dando a súa propia visión ás nosas festas».

IVÁN MOURONTE

Colaborador habitual deste medio, realiza ilustracións para prensa, cartelaría, portadas musicais, camisolas, videoxogos, deseño de personaxes, etc. Ademais de ser un referente na fotografía de concertos.

Grupos e artistas de Lugo no San Froilán 2019. Ilustración de Iván Mouronte.