Os pases terán lugar este xoves 4, venres 5 e sábado 6 de setembro nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30.

Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://woutick.com/es/entradas/microefectos-dramaturxicos- setembro-2025 Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.

O grupo, que cumpriu doce anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns vinte minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Pezas:

– Trabadas na noite Escribe e dirixe Raquel López Cendán. Interpretan: Elvira Velasco, Raquel López Cendán e Brais García.

– Vida salvaxe. Areais de estío Escribe e dirixe Brais García. Interpretan: Brian Rodríguez, María Grandío, Raquel López Cendán e Brais García.

– Farolas e dragóns Escribe e dirixe Isa Herrero. Interpretan: Isa Herrero, Elvira Velasco, Brian Rodríguez e Anxo Manoel.

– Ergono-agonía Escribe e dirixe Brian Rodríguez. Interpretan: María Grandío, Isa Herrero, Anxo Manoel e Brian Rodríguez.