
Artesanfroilán, a feira de artesanía por excelencia do San Froilán.
Produtos de cerámica, textil, coiro ou madeira predominan na mostra, que reflicten a creatividade de artesáns e artesás e os novos camiños que se abren para os oficios tradicionais na sociedade actual.
Na Praza Anxo Fernández Gómez -detrás do Concello de Lugo – estará aberta ata o 12 de outubro, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Organizada pola Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo – Centro de Artesanía e Deseño.
Unha reportaxe patrocinada por: Vicepresidencia Deputación de Lugo:

Dezanove obradoiros artesáns venden os seus produtos nesta feira que cumpre 29 edicións promocionando a artesanía lucense no marco do San Froilán:
Meteora Handmade
A lucense Miriam Nanín é a artífice deste obradoiro de costura creativa feita a man, con tecidos orgánicos. A súa especialidade son os complementos para crianzas. Neceseres, babeiros, “patucos”, chaveiros e fundas para chupetes ou cambiadores de cueiros son algúns dos produtos que máis locen nos seu posto no Artesanfroilán, onde tamén atopamos complementos apra todo a famlia como fundas para gafas e libro ou “tote bags.
La Bellota Mágica
Inmaculada Díaz Cabado é a responsable do Taller La Bellota Mágica inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia en 2016 pero cunha ampla traxectoria anterior no eido da cerámica. O catálogo de produtos á venda é moi amplo, pero todos eles destacan pola forte presenza da cor e a fantasía. Cada peza é realizada a man con distintas técnicas de modelado e escultura combinadas co torno oleiro e empregando como materias arxilas de alta temperatura combinadas, en ocasións, con materias recilados como a madeira refugada.
Senda Coiro
Javier de Castro Rodríguez dende os seus inicios no ano 1990 xunto a artesá Adriana Romaní Posse (dende 2003) son os artesáns que compoñen este taller de marroquinería situado en Pobra do Brollón. Dende hai maís de 30 anos traballan con curtido vexetal ecolóxico mediante diferentes técnicas como o repuxado contemporáneco , grabado, cosido de guarnicionero e , especialmente, o “ahormado “ do coiro. Máis recentemente desenvolven o seu traballo artesanal nunha nova disciplina como é o metal con técnicas como da forxa, segueteado, embutido ou pulido para a creación de pezas como pendentes, aneis, colgantes ou pulseiras.
Amigurumis Jano
Alejandro García Lourés é o artesán que se atopa baixo a marca Amigurumis Jano.Neste obradorio o público poderá atopar Bonecos de ganchillo feitos á man. Personaxes de anime e outras creacións propias feitas con lá sobre a tradición cultural e musical de Galicia. A través dos seus bonecos, Jano recrea personaxes de ficción,músicos, animais aínda que unha das súas especialidades é crear bonecos de xente real , xeralmente a partires dunha foto; sen obviar, en todo caso, os deseños personalizados realizados por encargo.
Bolboretas de coiro
Baixo a impronta deste obradoiro artesán atópase a artesá Mercedes Buján Paredes que comezou no mundo do coiro de xeito autodidacta no ano 2007.
Fiel ao nome da súa empresa , Bolboretas de coiro, moitas das pezas representan a este insecto en forma de colgantes, , pasadores de pelo ou broches. Sen embargo o traballo do coiro realizado dende este obradoiro tradúcese nun amplo rango de produtos que van dende a elaboración de complementos como carteiras, , bolsos, riñoneiras a produtos de papelería e escritorio , como fundas de cadernos ou marcapáxinas e algúns pequenos elementos decorativos como xarróns con flores ou as bolboretas.










Ceniza de papel
Este obradoiro artesán liderado dende decembro de 2019 pola artesá María Josefa Sáchez Castedo xurdiu coa finalidade da búsqueda de formas de transportar imaxes de fotografía analóxica experimental obtida con medios básicos a un soporte perdurable como a cerámica. Para acadar una
boa calidade fotográfica este obradoiro artesán utilíza un sistema baseado na sustitución do tóner convencional por cerámica e na utilización de medios de impresión específicos , que logo se trasladan as pezas creadas caracterizadas por cores suaves, formas clásicas e funcionais e cun uso utilitario.
Fonte Meimil
A mindoniense Esther Díaz Vidal coa súa marca Fonte Meimil ven desenvolvendo dende o ano 2007 un importante traballo de creación e producción propia no eido do coiro realizado de forma totalmente artesanal. É a propia artesá a encargada do deseño e da elaboración dos produtos de xeito totalmente artesanal empregando pel de tenreira de curtido vexetal e , sempre confeccionando artigos funcionais que van dende bolsos ata carteiras , pasando por axendas , espellos , chaveiros, pendentes… aínda que o produto máis característico sexan os torques de coiro.
Portomañekos
Taller artesán encabezado pola artesá Margarita Portomeñe Pérez especializado na creación , diseño , restauración e mantemento da imaxinería festiva popular, aplicando as técnicas tradicionais dos artistas falleros, tanto na restauración de pezas novas como na creación de novas obras e empregando como material principal o cartón pedra. En concreto, cómpre salientar a restauración e construción de cabezudos e xigantes. incluíndo o diseño e confección do vestiario.
Patapúm
Baixo este proxecto artístico de máis de vinte anos sempre ao redor da pintura sobre difererntes soportes está o artesán Ramiro Rodríguez Domingo. Actualmente centra a su producción na creación de roupa de algodón e liño. Prendas deseñadas e feitas con materias que priorizan o orgánico , e para as que utiliza tintes directos sen reactivos químicos. Roupa pintada con pincel , organizada en pequenas coleccións de pezas únicas.
Regal Cerámica
Regal Cerámica, cuxa traxectoria se iniciou na década dos 70, celebrou en 2023 os 41 anos como obradoiro arteán situado na actualidade dentro do Complexo Cultural e Museístico “Regal Xunqueira”. Logo desta ampla traxectoria Regal Cerámica logrou un gran recoñecemento que lle permite vender as súas pezas en tendas especializadas e galerías de toda España, parte de Europa , América e Asia.










Vidal Revilla
Vidal Revilla Villegas comeza a súa actividade profesional no traballo artesán do coiro de forma autodidacta no ano 1985. Traballa el só no seu taller, no que realiza todo o proceso a man; investiga o oficio tradicional e trata de recuperar procedementos que están a piques de perderse. No seu stand poderanse mercar artigos como maletíns, bolsos, mochilas, maletas… Todos os artigos están realizados con peles de vacún de primeira calidade, curtición 100% vexetal de produción nacional, peles de ovino e porcino para forros e herrajes de latón aceiro e zamak.
Tres caracoles
Proxecto unipersoal que xurdiu ano 2012 como como unha homenaxe a esa taberna florentina na que Leonardo da Vinci traballou de cociñeiro. O aspecto máis destacable deste obradoiro é o seu estilo diferencial baseado en diseños minimalistas , debuxos conceptuais , un poderoso uso da cor e nunha materia prima de calidade. Elaboración de pezas aplicando técnicas tradicionalmente vinculadas a outro tipo de artes como a pintura ou o modelado. A través da participación en eventos internacionais as pezas de Tres Caracoles exhibironse por parte de Europa, América e Asia.
A Sariña Maquinando
Este proxecto iniciado pola xove artesá Sara González Grandío de artesanía textil que ofrece unha alternativa artesanal , ética e sostible. Artesanal porque os seus produtos están feitos a man coa única axuda dunha máquina de coser. É Ética porque aposta polo consumo responsable e o valor do local . Finalmente, é sostible porque a maioría das teas que se empregan son retais, mostrarios ou teas rescatadas en bo estado ou , inclusive, creando produtos de calidade e durabilidade que permiten a súa reutlización coa finalidade de xerar os menos residuos posibles para coidar a boa saúda do planeta.
Iria Pigueiras
Orixinal proxecto de complementos artesanais nos que a artesá Iria Pigueiras Vilar plasma a súa visión persoal do que a rodea e nos que da forma ao que imaxina. Afincada dende o 2008 na parroquia vilalbesa de Santaballa , esta vivairense baseou a súa artesanía nas formas da natureza , con orixinalidade e un marcado carácter propio que transmite nas súas creacións, principalmente complementos artesanais de bixutería. Un traballo artesanal no que mestura o modelado de arxila polimérica con diferentes técnicas de transferencia, caligráficas ou decoración con pintura pasando pola combinación de elementos naturais e textiles.
Enxógate
Como gran afecionado ós xogos tradicionais e de inxenio, o artesán Antonio Fernández Vicente en xuño de 2013 decide crear en Quiroga o seu propio taller baixo o nome de “Enxógate” coa finalidade de investigar e fabricar xogos e xoguetes combinando xogos da súa infancia con situacións e personaxes actuais.Mediante este proxecto , preténdese mellorar as capacidades humanas mediante o emprego da destreza , o inxenio e a lóxica. Asemade, Antonio dispón dun “ Espacio” como taller de fabricación, exposición e venda dos seus produtos.


Cunqueiro
Este obradoiro artesán, rexido polo artesán Hussein Aali- Taleb, ofrece un amplo abano de produtos nos que destaca a importancia da madeira empregada, sempre autóctana, especialmente con bidueiro, fresno e carballo, aserrada en taboleiros e secada ó aire libre sen ningún tipo de tratamento químico . Sen prexuízo dos diferentes encargos que recibe ( lámpadas de carballo, bandexas e cuncos de bidueiros, ou utensilios de cociña…), este artesán tamén realiza deseños de pezas que pertencen a súa propia colección.
Dalenda
Dalenda é un obradoiro de xoieiría artesá, que elabora a man todas e cada unha das pezas, inspiradas na arte, na natureza, en formas orgánicas e tamén xeométricas, texturas e traballando sempre minuciosamente a cor, desenvolven deseños atemporais e especiais. Traballan con diferentes materiais, fundamentalmente con arxila polimérica, resina epoxi e aceiro inoxidable.
María Monsalve Estudio
María Monsalve é unha artesá da lá. Manchega instalada en Leborei, en Monterroso, chegou a artesanía desde a arte, algo que se reflicte nas súas creacións, desde figuras de animais ata composicións que semellan óleos ou acuarelas elaboradas cón fieltro húmido.
René Velasco
Este artesán do coiro deseña e elabora bolsos en pel de alta calidade, que reflicten elegancia e luxo. Limita cada modelo e color a un máximo de 3 unidades, ofrecendo pezas únicas e singulares.
