Viva o San Froilán 2025 – Fotografías do sábado 04

Nesta galería podes atopar fotos da XXXII Feira do Mel, da III Feira de Olería Lugo Tradicional (FOLT), do San Froilán Tecedeiro, de ARural, exposición de razas autóctonas da Galiza; do pregón a cargo de Mª Cristina Lombao Ramos no balcón da Casa do Concello e Os Pelúdez entre nós + Xigantes e Cabezudos + Cántigas e Frores.

Tamén da verbena coa orquestra Neverloura na Mosqueira, do XX SANFROIDANCE e a actuación de Claustro Música no templete da praza Maior e o pasarrúas coa charanga MEKANIKA ROLLING BAND.

Fotografías dos concertos de Lucía Pérez, Tanxugueiras, Dakidarría,  e os Festicultores Troupe.

Viva o San Froilán 2025
Chega unha nova edición do Viva o San Froilán, proxecto deste medio dixital que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses.

Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.

Este San Froilán 2025 contamos para documentar e aportar a súa mirada persoal sobre as festas, con:

 
e o Loopez para mostrar coa súa mirada fotográfica as festas á súa maneira.
 

Ademais, como cada ano, a agardada ilustración conmemorativa de Iván Mouronte.

Visita web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/