Forman parte do ciclo catro concertos sinfónicos e comezará cun concerto conmemorativo do cincuentenario de Dmitri Shostakóvich (1906-1975) por parte do prestixioso Ensemble Praeteritum Sinfónico no Círculo das Artes, o venres 24 de outubro.

Programación tempada 2025-2026
Venres, 24 de outubro
Ensemble Praeteritum Sinfónico con Pablo Suárez Calero ao violín
D. Shostakóvich: Concerto para violón nº2 e Sinfonía nº5
Venres 28 de novembro
Cuarteto Gerhard
Ludwig van Beethoven: Cuartetos nº15, op.13t5 e nº15, op.132
Venres 5 de decembro
Real Filharmonía de Galiza dirixida por Baldur Brónnimann
Cometa: Encarga a Carme Rodríguez (estrea absoluta)
Arvo Pärt: Fratres
Grazyna Bacewicz: concerto para orquestra de corda
Louse Farrenc: Sinfonía nº3 en sol menor, op.36
Sábado 10 de xaneiro
Abel Tomás ao violín (primeiro violinista do Cuarteto Casals) e Emma Stratton ao piano
Franz Schubert: Sonatina en la menor, Rondeau Brillant e Fantasía en do maior
Xoves 22 de xaneiro
Juan Ferrer ao Clarinete, Raúl Mirás ao violonchelo e Alicia González ao piano
Tríos para clarinete, cello e piano de Ludwig van Beethoven, Nino Rota e Johannes Brahms
Sábado 7 de febreiro
Iria Folgado ao óboe e corno inglés e cuarteto de corda
Ecos de Breogán: Obras de Benjamin Brittern, Ralph Vaughan Williams, Arnold Bax, Elizabeth Maconchy e Fernando Buíde
Sábado 28 de febreiro
Filarmónica Km0
Banda Filharmónica de Lugo con Pablo Marqués como director convidado
Obras de José Manuel Izquierdo, Ximo Tarín e Rafael Talens
Sábado 7 de marzo
Filarmónica Km0, 1º premio do Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira 2025 do CMUS Xoán Montes de Lugo
Álex Barcla ao piano e Ensemble de Filharmónica
Sábado 21 de marzo
Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Catherina Lee ao violín e Javier Fajardo na dirección
Max Bruch: Concerto para violín nº1
Ludwig van Beethoven: Sinfonía nº5
Xoves 16 de abril
1º premio do VII Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo 2024
David Khirikuli ao piano
Obras de Franz Schubert, Franz Liszzt, Aleksandr Skriabin e Maurice Ravel
Mércores 29 de abril
Lied the Future, coa soprano Belén García Burgos e Esther Villar ao piano
Liederkreis de Robert Schumann, Lieder de Franz Schubert, Kaija Saariaho, Pauline Viardot, Manuel de Falla e Edvard Grieg
Venres 29 de maio
Real Filharmonía de Galiza coa dirección de Amandine Beyer
Georg Friedrich Händel: Suite nº1 da Música Acuática
Karl Friedrich Abel: Sinfonía nº4 en do maior
Johann Sebastian Bach: Abertura e Suite de Amadis de Gaula
Presentouse a nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo, a número 79, de forma ininterrumpida, dende o ano 1947, alcanzando xa o número de 750 concertos cos máis recoñecidos músicos e agrupacións de todo o mundo.
Doce concertos programados de outubro a xuño con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila que traerán á nosa cidade a mellor música e dos que no acto de presentación déronse a coñecer dez datas, estando otras dúas en preparación.

Ábrese a tempada co concerto que ofrecerá o prestixioso Ensemble Praeteritum Sinfónico no Círculo das Artes, o venres 24 de outubro.
O programa estará adicado á conmemoración do Cincuentenario do extraordinario compositor Dmitri Shostakóvich, conformando o programa a súa Obertura Festiva, o seu Concerto no 2 para violín e orquestra e a súa famosa Sinfonía no 5.
O Ensemble Praeteritum é un conxunto instrumental creado polo violinista Pablo Suárez Calero en 2011 que dende 2023 converteuse tamén en formación de orquestra sinfónica sen a usual figura do director, tras unha longa e recoñecida traxectoria como conxunto de cámara.


Destaca tamén a presenza na tempada de otras dúas orquestras sinfónicas: a Real Filharmonía de Galicia con dúas datas (5 de decembro e 29 de maio), dirixida por Baldur Brónnimann e Amandine Beyer respectivamente e a Orquestra Sinfónica Vigo 430 (21 de marzo) baixo a dirección de Javier Fajardo, cun programa formado polo Concerto para violín de Bruch e a Quinta Sinfonia de Beethoven.
Tamén solistas de gran prestixio internacional intervendrán na tempada, tanto con orquestras como en recitáis ou con grupos de cámara: a violinista francesa Amandine Beyer, a oboísta Iria Folgado o violinista Abel Tomás (1o violín do Cuarteto Casals), a tamén violinista australiana Catherina Lee, o clarinetista Juan Ferrer ou o chelista Raúl Mirás, serán algúns deles.
A destacar da mesma forma a volta ao escenario do Círculo das Artes do Cuarteto Gerhard (28 de novembro), sen dubida unha das agrupacións de música de cámara máis importante do noso país, que repite na Tempada tras o grande éxito da súa derradeira visita.
Tamén por primeira vez a tempada da Sociedad Filarmónica de Lugo formara parte do circuito Lied The Future, un programa de apoio a xóvenes talentos europeos no ámbito da canción poética e a música de cámara promovido pola asociación Franz Schubert, cun concerto o 29 de abril.
O piano será o protagonista nun recital a cargo do georgiano David Khrikuli (16 de abril), gañador de importantes concursos internacionais e entre eles o Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo 2024.
Terá un lugar sinalado na tempada a sección denominada Filharmonica Km. 0, na que teñen cabida novos valores da música lucense; será o 7 de marzo o concerto a cargo do 1o Premio do útimo Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira do Conservartorio Prof. de Música Xoán Montes de Lugo, o pianista Álex Barcala, que intervendrá como solista e tamén xunto a un grupo de cámara formado por músicos lucenses. A Banda Filarmónica de Lugo participará tamén na tempada o 28 de febreiro, nesta ocasión con Pablo Marqués como director convidado.
Algúns concertos máis, ainda en preparación, e a maiores destos doce anunciados, poderían formar parte da tempada e serán comunicados coa debida antelación.
ENTRADAS
As persoas interesadas en adquirir o abono de tempada ou facerse socias da Sociedad Filarmónica pódeno facer escribindo ao correo electrónico filarmonicadelugo@gmail.com.
As entradas para non socios, para os concertos soltos, poderanse adquirir o mesmo día da actuación nas oficinas do Círculo das Artes. Tamén haberá entradas para estudantes a prezo moi reducido e entrada de balde para menores de idade e estudantes do Conservatorio.
Toda a info en www.filarmonicadelugo.com
