- Este evento ha pasado.
Sons Creativos 2025

‘Sons creativos’ presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance e está incluído dentro da programación do Outono Cultural.
Será o venres 24 de outuro, ás 20.15 horas na Casa do Saber e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.





























