- Este evento ha pasado.
Con Voz de Muller 2025
24 de octubre, 2025 - 19:30

Con Voz de Muller 2025
Venres 24 de outubro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo
Baixo o provocador lema “Eres muller e falar de sexo incomódate?”, o evento convida a reflexionar sobre todo aquilo que non nos contaron, nun ambiente seguro, inspirador e transformador.
Entre as participantes destacan Cristina Hernández, directora do Instituto das Mulleres do Goberno de España; a humorista e comunicadora Carolina Iglesias, coñecida pola súa voz crítica e feminista; a sexóloga Estefanía Fernández; e a educadora social Marta Paz, entre outras voces que completan un cartel diverso e comprometido.
A artista Catuxa Salom será a encargada de poñer a nota musical a unha gala dirixida pola xornalista Sara Meijide.
Un encontro promovido pola Cadena SER co apoio da Deputación de Lugo





























