Gañadores de varios premios nacionais e internacionais, o Cuarteto Gerhard participou en importantes escenarios internacionais, Festivais de verán de prestixio e son residentes na Quincena Musical de San Sebastián e no Festival de Torroella de Montgrí coa integral dos cuartetos de Shostakovich.
Considerado un dos cuartetos máis destacados da súa xeración a nivel internacional, distínguese pola súa notable sensibilidade polo son e por un profundo respecto pola música como un dos maiores valores humanos.
En concerto o Venres 28/11 ás 20:00 horas no Círculo das Artes dentro da programación da Sociedade Filharmónica de Lugo.
Programa

L.v. BEETHOVEN 

  • Cuarteto nº 16, Op. 135

  • Cuarteto nº 15, Op. 132

Cuarteto Gerhard

Lluis Castán Cochs, violín

Judit Bardolet Vilaró, violín

Miquel Jordà Saún, viola

Jesús Miralles Roger, violoncello

Como cuarteto as súas principais influencias foron en Basilea (Rainer Schmidt), Berlín (Eberhard Feltz) e Hannover (Oliver Wille) onde obtivo a primeira Matrícula de Honra en música de cámara de toda a historia da Hochschule.

Tamén formaron parte do programa do Instituto de Cámara da Escola Superior de Música Reina Sofá con Günter Picher, sendo bolseiros da escola.

É destacable o seu compromiso coa música de nova creación, actuando en eventos relevantes como o ciclo do CNDM de Madrid (España), Nuit de la Création en Aix-en Provence (Francia), KunstFest Weimar (Alemaña) e no Arnold Schoenberg Center de Viena (Austria).

A nivel discográfico cabe destacar o seu álbum Portrait (Seed Music 2016) – premio da crítica ao mellor CD 2016, un lanzamento con obras de Kurtág, Berg e Schumann baixo a discográfica Harmonia Mundi International e un novo CD Ad Astra (Klarthe, 2023) con obras de Ramon Humet e Debussy, tamén premido pola revista 440 como “Mellor disco de Clásica 2024”.

Tamén é destacable a súa participación no documental Revolutionary Quartet. L’enigma Gerhard de Xavier Bosch e Josep Badell, que obtiveron o prestixioso premio INEDIT 2023.

O nome do cuarteto rende homenaxe a Roberto Gerhard, alumno de Arnold Schönberg e un dos compositores cataláns con máis renome internacional do século XX.

Actualmente teñen a súa base en Tarragona.

ENTRADAS

Venda de entradas para non socios:  Círculo das Artes (o mesmo día do concerto)

Entradas para non socios: 20 €
Entradas estudantes: 5 €* (*menores de edad entrada gratuita)

Pódense reservar entradas escribindo a: filarmonicadelugo@gmail.com 

Alta de socios e información tamén en: filarmonicadelugo@gmail.com

+ Info: www.filarmonicadelugo.com